Madame Bechamel e Signorina Bolognesa
Dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas cociñan en colaboración co público, un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.
Espectáculo da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

