Mariña. Contos nados no mar
A narradora fai as delicias do público infantil con esta sesión de contos, para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Actividade do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A narradora fai as delicias do público infantil con esta sesión de contos, para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Actividade do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A Mimí gústalle perseguir ratos todo o tempo, pero qué lle pasaría se perdera o bigote… imaxinade un Rei sen orellas, un corvo que pensa que ten boa voz, unha rata que busca un príncipe,… o mundo dos contos esta cheo de presumidos que reciben unha lección.
Duración: 60 minutos.
Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.
Os cativos poden chuchar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Na Bou Catrineta, título que fai referencia ó romance portugués do mesmo nome, cóntase a historia dunha familia de lavandeiras insidiada polo demo de pelo azul Cobillón.
Nesta historia mestúranse saberes tradicionais, refráns, cancións, contos populares e o romance histórico da Nau Catrineta para contar unha historia na que finalmente o demo sae escaldado.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María. Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense.
60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía.
Esta actividade forma parte de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Sinopse da actividade: Se estarricamos moito os nosos brazos, moi lonxe, cara o ceo, parécenos tocar as estrelas coa punta dos nosos dedos. Parece imposible, non si? Nun espazo baleiro agromarán estrelas que brillan e nos rodean. Para bailar entre elas, para que as pequeniñas e os pequerrechos experimenten a marabilla da beleza. Porque rabuñar a bóveda celeste coas puntas dos seus dediños é posíble.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A música de violín e os poemas de Manuel María combínanse e entrelázanse nunha madeixa de historias que se van desfiando de vagariño e onde bailaremos, mollarémonos coa choiva e mesmo sopraremos para despertar ao sol.
Este espectáculo forma parte da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Contos e poesías de Manuel María forman gran parte do repertorio deste Babacontos.
Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, os rapaces e rapazas coñecen algunhas das súas poesías de “Os soños na gaiola”, nas súas versións cantadas, e o conto “O bigote de Mimí” da man da actriz Larraitz Urruzola.
Actividade de Ler conta moito, de la Rede de Bibliotecas de Galicia.
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeados ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano.
Actividade dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
A música de violín e os poemas de Manuel María combínanse e entrelázanse nunha madeixa de historias que se van desfiando de vagariño e onde bailaremos, mollarémonos coa choiva e mesmo sopraremos para despertar ao sol.
Este espectáculo forma parte da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.