O xigante
Espectáculo infantil para os cativos con libros e historias ao redor da figura literaria do Xigante, da compañía Elefante Elegante.
Teatro dentro das actividades de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Espectáculo infantil para os cativos con libros e historias ao redor da figura literaria do Xigante, da compañía Elefante Elegante.
Teatro dentro das actividades de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Terras bravas, húmidas, fértiles e graníticas, Irlanda e Galicia, dúas terras que mira ao Atlántico. Con este espectáculo quéreselles render unha homenaxe conxunta. A historia de Brian O´Brian, o home que non sabía contar historias, servirá de fío condutor para ir desenvolvendo a trama e introducindo novas historias.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos. Entre libros anda a maxia. Ilusión, risas e libros xunto ca diversión para toda a familia. Coa participación dos nenos e nenas que queran ser axudantes da maga e facer que todos e todas o pasen moi moi ben.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia
Recordando a ocorrencia de Castelao no relato "Peito de lobo" no que fixera un cabezudo, esta actividade para Ler conta moito propón realizar un obradoiro no que os participantes elaboren os seus propios cabezudos empregando materiais tan sinxelos como as caixas de cartón.
Actividade impulsada pola Asociación de Amigos do Museo Galego da Marioneta.
Sesión de contacontos dentro da programación Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.
“Iso é un lucecús?” “Non, é unha lanterna”. “E aquilo, é un caracol?”“Non, é un metro”. Os obxectos que atopas no teu fogar poden converterse, grazas ao poder da túa imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que ti mesmo/a crearás. Porque as cousas máis pequenas que tés ao teu redor tamén contan historias.
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Narración oral con contos de medo, de amor, de pequenos e de grandes... todos revoltos na maleta da contadora.
Sesión de contacontos de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia
Que acontece cando mesturamos os contos e a cociña? Pois que contamos coas mans na masa!
A partir da historia de Pepiño e Maruxa e a súa disputa por facer o pan, nesta actividade de OQO editora desenvolverase un workshop creativo onde os cativos fan os personaxes do conto... con masa de pan!
Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Quen me dera ver polas orellas. Podería mirar de lado. E ollar por detrás non estaría nada mal... Non sei, penso que algo falta nas orellas para elas conseguiren ver... Como raio fan os ollos para ver? Se fecho os ollos parece de noite... Eu debía inventar unha luz por se un día o Sol non sae.
Show de divulgación científica, iluminado e de bo humor, con participación activa do público para o programa Ler conta moito.
Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada.
Sesión de narración oral para o programa de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.