Canta connosco!
Canta connosco! é un espectáculo baseado no libro-disco-DVD do mesmo nome editado por Kalandraka.
Nel combínanse cancións con accións dramáticas. Os temas que se tratan, entre outros son: a lectura como pracer; os xogos tradicionais fronte ao excesivo consumo de TV e de videoxogos; o coñecemento e o respecto da natureza; o coidado das mascotas; o xogo do teatro; cancións que axudan a aprender etc.
Este espectáculo forma parte da programación Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

