Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Catalino Lino LIna

Unha peza teatral enfocada a transmitirlle ao público de 3 a 12 anos a paixón polos libros.

Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras.

Espectáculo para o programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Nola e María na Terra Chá

Sarabela teatro achegan dun xeito divertido a figura de Manuel María aos pequenos de 5 a 10 anos. Aberta ata completar aforo.

Manuela (Nola) e María son dúas viaxeiras incansables, levan a maleta cargada co que aprenderon doutras culturas. O seu próximo destino é a terra onde todo é cantiga grazas ás palabras de Manuel María: a Terra Cha. Percorrerán os lugares onde se inspirou o poeta chairego nun constante xogo de interacción co público para descubrir os encantos da natureza e das súas xentes.

Galego

Cantamos un conto na biblioteca?

Un especial bibliotecas para desfrutar dun lugar de encontro cos personaxes e aventuras que se agochan nos libros, ademais de propoñer xogos e animacións que fan desta intervención unha actividade única e inesquecible con cancións e contos animados con rock e blues.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Rosa non é unha cor!

Actividade de Cristina Vázquez Santos para os nenos e nenas coa fin de derrubar estereotipos sexistas e contra os roles de xénero.

Esta sesión de contacontos forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Camiño de historias

Camiño de historias é un espectáculo constituído por tres historias de tradición oral procedentes de diversos lugares do mundo onde se fala galego ou portugués e que abordan dunha maneira amena cuestións como a difusión destas linguas, a interculturalidade e os dereitos humanos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Unha marimba no mar

As dúas actrices deste espectáculo propóñénlles aos cativos e cativas participantes unha divertida viaxe nunha particular embarcación-marimba, onde xorden historias, música e moitas sorpresas.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Os xogos da gaiola

En diversas ocasións, asóciase o mundo dos libros só coas obrigas escolares polo que prentedemos achegar a animación a lectura dun punto de vista diferente, a través de diversos minixogos en equipo. Recitar poemas de forma enxeñosa, activar a imaxinación reinventando un libro ou responder cuestións sobre contos ou autores serán algunhas das probas.

Actividade de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia

Galego

Contos con Miró

O xogo consiste en meter un pouco o fuciño no surrealismo de Miró e ser pintores e ilustradores de contos.

Un traballo de imaxinación e creación plástica que ten como resultado unha gran ilustración que presenta os personaxes da historia coa que traballa todo o equipo de nenos e nenas ilustradores.

Actividade creativa do programa de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito