Cóntoche un traxe
Dunha maneira divertida explicaremos que pezas tiña a roupa dos nosos devanceiros e xogaremos a vestirnos como eles vendo así as diferenzas que hai entre antes e agora tanto a nivel de prendas como de filosofía de vida. Quedará de recordo unha simpática foto do ben que nos queda o traxe tradicional.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

