O murmurio do Mar
A través dos contos e da música, utilizando monicreques, obxectos, instrumentos e por suposto moita imaxinación afóndase nun universo tan real como lendario, nun mundo mariñeiro do que se saben algunhas cousas e se descoñecen moitas outras.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

