Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Obradoiro de ilustración ÑAM!

Neste obradoiro de ilustración infantil, os cativos fan do ordinario extraordinario; descubren o artista que levan dentro; e transforman as verduras ou os froitos secos naquelas personaxes que sempre soñaron. Os nenos e nenas participa no mural colectivo que se subirá á web da biblioteca.

Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Títeres na man

Pintar na man personaxes imaxinados, darlles vida coa manipulación e a voz a eses títeres. Xogar a contar pequenas historias inventadas polos participantes.

Esta actividade forma parte da campaña de dinamización lectora Ler conta moito, da Rede Galega de Bibliotecas

Galego

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa son algo máis que amigos. Por iso Tomasa convidouno á súa casa; ás oito, a comer biscoito. Non foi de comer biscoito, senón por culpa do viño e do touciño polo que o cociñeiro Antón caeu de fociños.

Sesión de teatro infantil con estes entrañables bonecos.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contacontos de libros contentos

Carmen Domech leva polas  bibliotecas unha maleta chea de libros querendo contar a súa historia. Hainos de todo tipo: tímidos, divertidos, intrépidos, deliciosos. Cousas fantásticas contan estes libros, que os nenos e nenas asistentes poden descubrir e gozar nesta divertida e lectora sesión.

Esta actividade forma parte da campaña Ler conta moito que dinamiza a lectura polas bibliotecas públicas.

Galego

Titiricleta

A Titiricleta do Titiricleteiro chega á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, A India, Guatemala... Levará as nenas e os nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.

Esta actividade forma parte da campaña de dinamización da lectura Ler conta moito, que leva a cabo a Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Obradoiro de manga

Na sala multiusos. A partir de 9 anos. É preciso apuntarse. 15 persoas.
Obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa), para rapaces a partir de 9 anos, organizado polo estudio especializado en manga Cerditos de Guinea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito