Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Bibliotecas animadas

Minia achega aos rapaces e rapazas á técnica tradicional de stop motion (creación da sensación de movemento foto a foto) e á linguaxe cinematográfica.  Actividades para rapaces de 6 a 12 anos. Prazas limitadas. Ás 11:30 h na Sala Infantil da biblioteca.

Esta actividade forma parte da campaña Ler conta moito que dinamiza a lectura na Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Recursos educativos na internet para os meus fillos

Internet é unha ferramenta máis. Boa ou mala, iso depende do seu uso. Para os pais, a mellor maneira de controlar o que os fillos fan na web é darlles pautas e opcións útiles e atractivas, coas que non só ocupan o tempo de uso informático, senón que reforzan e axudan a ampliar os seus coñecementos.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contacontos Dada o Trasno

O trasno Dada deleita os cativos cun repertorio de contos marabillosos, nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo.

Esta actividade forma parte da campaña Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, para dinamizar a lectura.

Galego

Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos contados por Sole Felloza

Soledad Felloza, da man da palabra e a oralidade, leva o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

 

Galego

Aventuras na cociña

A cargo de Trinketrinke Teatro, espectáculo para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Nesta historia os ratos de Lonxedetodo (Ratos de Biblioteca) son grandes afeccionados á lectura. Coidan moito a súa alimentación e seguen a máxima clásica.

A sesión promove hábitos saudables na alimentación desde os contos e fomenta o uso da biblioteca e a lectura.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Ceo aberto

Taller que amosa a ciencia desde un punto de vista lúdico e educativo. Abórdanse distintas disciplinas científicas. Para isto, tratan sobre ciencia e criminoloxía, astronomía, maxia ou química, o cerebro, forzas e enerxía, electricidade ou cine...

Forma parte da campaña Ler conta moito, que desenvolve actividades de dinamización lectora en bibliotecas públicas galegas.

Galego

Érase unha vez uns zapatos

Todas as personaxes destes contos, teñen zapatos altos, baixos, de tacón, sen tacón...

Os cativos e cativas que se acheguen poden coñecer a historia de cada un deles. A actividade está dirixida a un público infantil amplo de 4 a 12 anos.

Esta actividade forma parte da campaña da dinamización da lectura da Rede Bibliotecas de Galicia Ler conta moito.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito