Busca

Páxinas

12/07/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade acompañou á antropóloga Mar López na presentación da obra ‘Esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago. Obras de arte e simbolismo nas paredes’

O proxecto inclúe unha exposición de fotografías que se poderá visitar no instituto Campus Stellae desde hoxe

12/07/2021

O organismo celebra unha reunión de traballo en Santiago coa participación da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e os alcaldes de Braga, Lugo e O Barco de Valdeorras

Abordouse a importancia da Vía Nova como itinerario cultural histórico na provincia ourensá
 

12/07/2021

O circuíto da Xunta encara o segundo semestre de actividade, no que ofrecerá 209 actuacións en 36 concellos de toda Galicia a cargo de preto de 100 formacións

O orzamento anual para o desenvolvemento desta programación, cofinanciada coas entidades locais asociadas, elévase a máis de 1,6M€

12/07/2021

A mostra, que se inaugurará o mércores, inclúe preto dunha vintena de pezas creadas ex profeso para este proxecto por parte de artistas galegos como Marta Pazos, Oliver Laxe, Rubén Ramos Balsa, Estíbaliz Espinosa, Vítor Mejuto ou Damián Ucieda

O conselleiro puxo de relevo a vontade da exposición de “transcender as paredes do museo, abrindo procesos creativos e xerando actividade no sector cultural”

Comisariada por Miguel Ángel Cajigal e Deborah García Bello, ‘Galicia futura’ poderá verse na Cidade da Cultura a partir do 14 de xullo e ata o 9 de xaneiro de 2022

11/07/2021

O Goberno galego ofreceu este curso unha programación para estudantes adaptada á pandemia grazas ao uso das novas tecnoloxías e os formatos en liña

Estas iniciativas permitiron que as exposicións e actividades dos museos chegasen ás aulas sen necesidade de que o alumnado se desprazase

Ofreceuse un amplo abano de posibilidades que ía desde as visitas guiadas en liña ás exposicións dos museos, ás retransmisión vía streaming de obras teatrales, tours didácticos polo legado arqueolóxico ou obradoiros de creación cinematográfica

11/07/2021

O secretario xeral de Cultura deulle categoría de “peza artística” polo deseño de Santiago Carballal e polos textos de Ignasí Aballí, Bea Espejo e Mariano Mayer

O Museo Gaiás da Cidade da Cultura exhibe ata o 5 de setembro esta escolma cromática dos fondos da Fundación Rosón de Arte Contemporáneo (Rac), realizada pola crítica de arte Bea Espejo

11/07/2021

O público terá a nova oportunidade de ver o espectáculo do xoves 15 ao domingo 18, cunha representación diaria

A peza interpretada por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Tatán R. Cunha estará tamén na MIT de Ribadavia o martes 20
 

10/07/2021

A Federación Galega de Teatro Afeccionado conmemora máis de dúas décadas de traxectoria cunha xornada de actividades culturais que festexa a obtención do Premio da Cultura Galega 2020 na categoría de artes escénicas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade recoñeceu o labor dos colectivos que integran FEGATEA a prol da cultura de base e da anovación do teatro en Galicia
 

10/07/2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe nos actos, que incluíron unha ofrenda floral ao pé do busto de Rosalía en Mollet del Vallès

09/07/2021

Destaca que este sistema -con novas lámpadas e emisores led- desenvolve todo o potencial estético do templo sen substituír á luz natural, baseándose en tres preceptos: compromiso pola sustentabilidade, respecto pola relixiosidade e desenvolvemento cultural

Recorda que, cunhas obras que ascenden a case 24 millóns de euros, Galicia leva máis dunha década preparando á Catedral: “estamos a falar dun dos esforzos de conservación máis grandes da historia recente do noso país”, di