Busca

Páxinas

18/07/2021

O conselleiro asistiu á gravación de diferentes escenas, dirixidas por Daniel Calparsoro e a cargo dos actores Álex González, David Trejos e Leandro Firmino

O novo proxecto de Ficción Producciones e Ukbar Filmes, en colaboración con Amazon Prime Video, e apoiado pola Xunta de Galicia inspírase na historia do narcosubmarino interceptado nas costas galegas

Salienta o apoio do Goberno autonómico ao sector audiovisual cun investimento global que este ano supera os 4,5M€ en numerosas liñas
 

17/07/2021

O obxectivo desta convocatoria é contribuír á difusión das obras publicadas entre o público lector

Esta acción está enmarcada no Plan de Reactivación da cultura, que este ano se reforza con 23M€
 

16/07/2021

O secretario xeral de Cultura salienta a relevancia desta cita nun momento de recuperación cultural tras a pandemia no que hai que seguir estremando as medidas de seguridade

Nesta edición participa o Centro Dramático Galego coa representación da súa última produción, Terceiro acto, o martes 20 no Auditorio do Castelo
 

16/07/2021

Arranca o segundo semestre deste circuíto cultural organizado en colaboración coas entidades locais

A programación global de agosto a decembro inclúe 209 funcións de teatro, danza, música, novo circo e maxia en 36 concellos de toda Galicia
 

16/07/2021

O conselleiro de Cultura e o alcalde de Lalín, José Crespo, visitan os ensaios previos ao Festival e Academia Internacional de Clarinete de Galicia 2021 que arranca hoxe na capital do Deza

16/07/2021

Arranca o segundo semestre deste circuíto cultural organizado en colaboración cos concellos

A programación global de agosto a decembro inclúe 209 funcións de teatro, danza, música, novo circo e maxia en 36 localidades de toda Galicia
 

16/07/2021

Inclúe obras nas basílicas de Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, na antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e nas concatedrais de San Xiao de Ferrol e Santa María de Vigo

 

O Goberno autonómico investirá 38M€ para reforzar a súa aposta pola preservación do legado común dos galegos como un recurso cultural, social, económico e espiritual de primeiro nivel

“O que comezou en Santiago de Compostela debe trasladarse agora ao resto dos conxuntos catedralicios guiados por un denominador común: o Xacobeo”, afirma o conselleiro

16/07/2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade reforza a convocatoria deste ano cun orzamento de 350.000 euros, o que supón un incremento do 40% con respecto a convocatorias anteriores

Os ámbitos prioritarios de actuación son a mocidade, as TIC, a igualdade e o deporte, entre outros
 

15/07/2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o presidente da Fundación Rosalía de Castro asinaron un convenio de colaboración por 100.000 euros

Dáse continuidade ao traballo do Goberno autonómico levado dos últimos anos para acondicionar este histórico inmoble cun investimento próximo aos 300.000 euros

Salientou o valor pedagóxico da emblemática residencia de escritora que cualificou como “imprescindible para levantar gran parte da andamiaxe cultural galega”

15/07/2021

Ribadeo (Lugo), 15 de xullo de 2021.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe o apoio do Goberno galego para contribuír á viabilidade das salas de cine tralo impacto que tivo a pandemia na súa actividade.