Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 858
- 859
- 860
- 861
- 862
- 863
- 864
- 865
- 866
- …
- seguinte ›
- última »
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou hoxe os ensaios do concerto inaugural que se celebrará mañá no Teatro Afundación
Agradeceu o traballo da entidade a favor da música sinfónica e recordou que o Goberno autonómico aposta por reforzar este xénero musical durante o Ano Santo
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou hoxe na inauguración de Seica na que se fai un percorrido polos primeiros anos de traballo do artista
A exposición reúne máis dun cento de obras elaboradas polo creador ourensán entre as que se inclúen colaxes, ensamblaxes, caixas e debuxos
A súa quinta edición conta con axuda autonómica a través da convocatoria extraordinaria do Plan de reactivación do sector cultural para contribuír á recuperación das promotoras musicais independentes
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, interviñeron na presentación do evento
O sábado terán lugar a Marcos Coll Blues Reunion e as actuacións de Sés, Los Enemigos e Dj Mil, mentres que o domingo a Fisterra House Band protagonizará Blues abordo e O Semáforo de Fisterra acollerá a sesión Jam no Faro
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe as actividades que a Xunta organiza para este último trimestre do ano e que incluirán visitas guiadas teatralizadas, así como obradoiros de artesanía, conferencias ou concertos
Tamén haberá novas exposicións como unha mostra fotográfica e audiovisual sobre catro peregrinacións, outra escultórica en homenaxe ás mulleres peregrinas así como outra centrada no papel da música na construción de Europa
O delegado territorial de Lugo comprobou con responsables da empresa organizadora os preparativos do evento, que se celebrará entre mañá e o sábado en Lugo
Forma parte da marca FEST Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura para potenciar o sector musical galego e fortalecer o seu potencial como recurso cultural e turístico
Enmarcado na programación do Xacobeo 21-22 da Xunta, o ciclo procura achegar ao público familiar as distintas sonoridades que conviven nos camiños a Santiago
O filólogo e regueifeiro Kike Estévez abre estes concertos didácticos cun obradoiro dedicado ás formas de improvisación oral da tradición galega
A música do Cuarteto Alicerce e o clown do artista Alfredo Pérez combínanse para nos ofrecer nova unha ollada á figura de Mozart dende a creatividade e o humor
As entradas para cada concerto teñen un prezo de tres euros e están á venda na web de Ataquilla
A Xunta apoia a primeira edición deste evento a través da liña extraordinaria de axudas do Plan de reactivación do sector cultural para espectáculos musicais de promotoras afectadas economicamente pola pandemia
O director de Industrias Culturais participou na presentación desta cita, que terá lugar o 9 de outubro e na que tamén actuará o galego García Mc & Nación Quilombo
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición que incorpora como novidade o centro cultural de Santa Marta como un dos tres escenarios, sumándose así ao Salón Teatro e o Teatro Principal
Salientou o carácter estratéxico desta iniciativa para “constatar a fortaleza da escena galega e por converterse nun estímulo á creación teatral”
O director da Agadic, Jacobo Sutil, e os representantes da Asociación Galega de Orquestras e da Asociación de Empresas da Verbena de Galicia mantiveron onte a terceira das súas reunións semanais para deseñar a ampliación da dotación e do centenar de actuacións e probas piloto incluídas no convenio asinado en xullo
Esta medida suporá un novo avance no apoio económico que as empresas de música de verbena veñen recibindo do Goberno galego desde 2020 para lles facer fronte aos efectos da crise sanitaria
Os traballos prolongaranse durante dúas semanas e van consistir na apertura do hórreo romano aínda sen escavar e na comprobación da existencia dun posible columbario
A iniciativa dá continuidade ás actuacións impulsadas neste espazo e que xa sacaron á luz restos romanos do século I ao V








