Traducións

Convocatoria de axudas á tradución

A Xunta de Galicia, para facilitar a internacionalización da creación literaria galega, convoca anualmente axudas á tradución, ás que tamén poden acceder as iniciativas de tradución ao galego desde outras linguas, co fin de facilitarlle á cidadanía galega a lectura doutras literaturas foráneas.

Axudas

Colección Galician Classics

A Xunta de Galicia edita a colección de clásicos da literatura galega en inglés Galician Classics, de distribución fóra de Galicia en colaboración con Small Stations Press.

Títulos publicados en Galician Classics:

1.Lois Pereiro, Collected Poems

2.Álvaro Cunqueiro, Folks From Here and There

3.Celso Emilio Ferreiro, Long Night of Stone

4.Rosalía de Castro, Galician Songs

5.Rosalía de Castro, New Leaves

6.Xosé María Díaz Castro, Halos

7.Carlos Casares, His Excellency

Anthology of Galician Literature

En colaboración con Edicións Xerais de Galicia e coa Editorial Galaxia, a Xunta de Galicia editou, en dous volumes, a antoloxía bilingüe galego-inglés Anthology of Galician Literature, o primeiro volume de textos entre 1196 e 1981, e o segundo de 1981 a 2011.

Un web para a literatura galega, en inglés

No portal Portico of Galician Literature pódese acceder a unha selección de fragmentos de obras de autores e autoras galegos actuais traducidos ao inglés.

Con barqueira e remador. Obradoiro internacional de tradución poética
Cada ano celébrase en San Simón este encontro internacional, no que seis poetas/tradutores intercambian durante unha semana as súas experiencias no ámbito literario e traducen para o seu idioma a obra poética dos seus cinco compañeiros e compañeiras. Unha iniciativa que permite espallar, ao regreso aos países de orixe, os versos dos poetas participantes en cada edición polo mundo enteiro. A illa de San Simón retoma o seu simbolismo para a lírica galega e enriquécese co traballo e coa cultura das procedencias máis diversas. Dirixido por Yolanda Castaño, co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura.