Difusión exterior do libro

Co obxectivo de favorecer a proxección da industria editorial galega e a calidade da creación literaria dos autores e autoras do noso país, a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, coordina e xestiona a asistencia aos principais eventos comerciais do libro no ámbito internacional e  convoca liñas de apoio á tradución (tanto de textos orixinais en galego para outras linguas como doutras linguas para o galego).

Ademais, a Secretaría Xeral de Cultura conta cunha colección de clásicos da literatura galega traducidos ao inglés, a colección Galician Classics, que vai medrando cada ano con novos títulos emblemáticos das nosas letras.

A través da rede, para fortalecer a promoción dos autores e autoras galegos, no portal www.galicianliterature.com pódese acceder desde calquera parte do mundo a fragmentos de obras de escritores actuais e clásicos.