Coñecendo as emocións
Se che interesa coñecer e comprender o proceso emocional e adquirir habilidades e estratexias sobre como xestionar as emocións na nosa vida cotiá para mellorar o noso benestar, este taller é para ti.
Sabemos que debemos coidar o noso corpo e o seu funcionamento biolóxico, aprendendo estilos de vida saudables. Con todo, non temos tan interiorizado o feito de prestar a mesma atención a coñecer como funciona a nosa mente ou sobre como aumentar o noso benestar emocional.

