Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Primaletras: Obradoiro de ilustración con Manel Cráneo

Obradoiro de ilustración a cargo de Manel Cráneo para rapazada de 9 a 14 anos na Biblioteca Sagrada Familia. Cada día da semana terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das bibliotecas municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Santiago García, Luis Sendón, María Lires, Irene Sanjuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Galego

Primaletras: Obradoiro de iniciación ao Manga con Santiago García

Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Na Biblioteca Ágora desenvolverase un taller de iniciación ao Manga da man de Santiago García, ilustrador freelance para diversas editoriais españolas e debuxante e colorista para o mercado francés (Dargaud e Delcourt). Realiza tamén traballos en libros, cómics, cartelaría, videoxogos e anuncios publicitarios. Forma parte do Colectivo Miñoco.

Galego

OdourCollect: Os olores da Coruña sobre o mapa

Que é o olor? Sabías que tanto poden recordarnos momentos vividos como converterse en axentes contaminantes? Neste obradoiro descubriremos curiosidades do sentido do olfato e como se relaciona o olor coa nosa memoria e historia local. As/os asistentes tamén participarán na creación dun mapa colaborativo dos olores -bos e molestos- de A Coruña, a partir de puntos estratéxicos do barrio marcados previamente no devandito mapa.

SfC é unha Pyme fundada no 2019 por Rosa Arias, que aborda retos socioambientais a través da ciencia cidadá.

Galego

Visores de marabillas

Obradoiro no que nos achegaremos ao funcionamento das imaxes e cine en 3D, descubrindo as súas orixes a través de pezas do museo e mesmo construíndo os nosos propios visores de imaxes tridimensionais.

Data: Venres 25 de marzo de 2022

Hora: 17:30 a 18:30

Idade: 6 a 11 anos

Galego

A liberación

Son moitos os meses que leva roldando na cabeza de David Seijo a idea de achegar o mundo da interpretación e todos os seus beneficios ao maior número de persoas posible. Esa inquietude tórnase precisamente hoxe en realidade, día no que se alza o pano do seu “A Liberación”, un taller de interpretación que brinda a posibilidade de introducirse nunha arte que conta co vilagarcián como un abanderado.

Galego

Obradoiro de iniciación á banda deseñada

Obradoiro de iniciación á banda deseñada a cargo de Jorge Campos e dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

Jorge Campos é licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño.

Galego

O SALÓN - Fíos de Baobab Teatro- Edición 10º aniversario

Un obradoiro de costura será o encargado de facer que distintas historias acariñen os nosos oídos. Unha costurera que cose e cose recibe visitas esperadas e inesperadas que piden axuda. Cos seus puntadas descubrirá personaxes que penden dos fíos e que queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos...

Un espectáculo tecido para emocionar, sentir e soñar co que Baobab sorprendeunos hai 10 anos e agora podemos ver na edición especial polos seus aniversarios.

Espectáculo nominado aos premios MAX Performing Arts Awards 2013

Galego

A fábrica de contos:obradoiro de creación de relatos "cadaver exquisito"

Para festexar o Día do Libro faremos un obradoiro de creación de relatos empregando a técnica de creación literaria e colectiva que usaban os artistas surrealistas denominada “Cadaver exquisito”.

Deste xeito combinamos a lectura, a escritura, o xogo e a ilustración nunha mesma actividade e empregando altas doses de creatividade.

 

-Público infantil de 6 a 12 anos

-Inscrición previa, a partir do 20 de abril

 

 

Galego

Debuxa coas palabras

Neste obradoiro os participantes terán a posibilidade de crear coas palabras, deseñando e realizando unha ilustración formada con creativos caligramas que terán un contido significativo para eles.

 

-Público infantil de 8 a 12 anos

-Inscrición previa, a partir do 30 de marzo

-Uso obrigatorio da máscara, a partir de 6 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro