Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

De Valdeorras a México : unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

Para festexar o Día das Letras Galegas, Polo Correo nos falarán da vida e obra do homenaxeado neste día, Florencio Delgado Gurriarán, e faremos un obradoiro de debuxo coa caricatura do mesmo.

 

-Público infantil, a partir de 3 anos

-Inscrición previa, a partir do 11 de maio

-Uso obrigatorio da máscara, a partir de 6 anos

Galego

Obradoiro creativo de despregrables pop-up dedicado ás Letras Galegas

Obradoiro para aprender a técnica de despregables pop-up e mecanismos pop-up.
Este obradoiro ten como obxectivos principais:
- Técnicas e conceptos básicos pop-up
- Realización de exercicios prácticos
- Desenvolvemento de narrativas a partir da manipulación do papel.
- Papel, cartón e pop-up
Nesta ocasión colleremos como referencia para as montaxes pop-up, a temática das Letras Galegas.

Converteremos e daremos vida en pop-up a debuxos e poemas en galego.

 

-Público infantil, de 8 a 12 anos

Galego

Primaletras: Obradoiro de Banda Deseñada con Santy Gutiérrez

Obradoiro sobre cómic, con motivo da celebración da Semana da Banda Deseñada, da man do Santy Gutiérrez, ilustrador, debuxante e humorista gráfico.

Nado en Vigo, Santy Gutiérrez estudou en Santiago de compostela e actualmente reside na Coruña. Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional, ilustrou libros e carteis, humor gráfico, caricaturas, publicidade, cómic e deseño téxtil. Tamén se dedicou ao ensino do debuxo.

Galego

Primaletras: Obradoiro de ilustración con Irene Sanjuan

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio).

Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic ou  ilustración nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Galego

Primaletras: Obradoiro de banda deseñada con Julia Lago

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Galego

Primaletras: Obradoiro de ilustración con Óscar Villán

Encontro-obradoiro de ilustración con Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración por "O coelliño branco", para nenos e nenas de 5 a 10 anos. 

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

Galego

Primaletras: Obradoiro de ilustración con Manel Cráneo

Obradoiro de ilustración a cargo de Manel Cráneo para rapazada de 9 a 14 anos na Biblioteca Sagrada Familia. Cada día da semana terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das bibliotecas municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Santiago García, Luis Sendón, María Lires, Irene Sanjuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Galego

Primaletras: Obradoiro de iniciación ao Manga con Santiago García

Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Na Biblioteca Ágora desenvolverase un taller de iniciación ao Manga da man de Santiago García, ilustrador freelance para diversas editoriais españolas e debuxante e colorista para o mercado francés (Dargaud e Delcourt). Realiza tamén traballos en libros, cómics, cartelaría, videoxogos e anuncios publicitarios. Forma parte do Colectivo Miñoco.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro