José Ángel Valente. Escribir lugar
O documental afonda na figura do escritor José Ángel Valente. Faino a partir dun ensaio en imaxes que emprega, unicamente, a voz orixinal do poeta posta en diálogo con dous espazos trascendentais na vida e na obra de Valente: Ourense, cidade natal e matriz dos seus recordos da infancia na posguerra, fronte á Almeria do deserto de Tabernas, espazo definitivo cara ao cal este poeta encamiñou a súa escritura durante os últimos anos da súa vida.

