Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unha lenda Ourensá

Seguimos a celebrar o Día da Ilustración e hoxe o facemos con este obradoiro de estampación artesá impartido por Marta Dorribo González (O cabalo fosforito) onde se traballará sobre a simboloxía dunha das lendas que aparecen na exposición que temos no vestíbulo da Biblioteca "Maléficas e Santas"  e a través de 10 pranchas estamparemos cadanseu álbum en formato acordeón, contando esa lenda a través das imaxes.

Galego

Mitos hoxe

"Mitos hoxe. Imaxes publicitarias contra resortes míticos e literaios".

Celebramos o Día da Ilustración con este obradoiro de ilustración impartido por Xosé Poldras. Nel, traballarase con imaxes publicitarias e crearase unha pequena historia, ou unha historia en proceso que se materializará compoñendo unha escea en colaxe.

As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa chamando ao número de teléfono 988 788385.

Galego

Achegándonos á cultura oral

Impartido pola voluntaria cultural Michelle Tatiana Nieves Cáceres. É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa páxina web

Durante o proceso de lectura de mitos e lendas da cultura galega e española en xeral, así como da latinoamericana, moi influenciada polo contacto con España, realizaremos un fanzine, que complementa o coñecemento desta parte da cultura oral. Entraremos no campo da memoria física utilizando a manualidade como lenzo transmisor de coñecemento.

Lugar: Sala de actividades

Galego

Ciencia Sonora

A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, @s asistentes irán adquirindo coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo, resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical, enfocándonos en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa.

Galego

Contando con imaxes

Co gallo do día la ilustración, nesta actividade darase a coñecer en qué consiste este mundo. Será unha actividade práctica na que a ilustradora amosará unha serie de técnicas que os rapaces poderán seguir para saber trasladar o imaxinario dunha historia a papel (creación de personaxes e escenarios de ficción

Duración: 60 minutos.

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Salón de actos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Laboratorio Zoo-Ilóxico

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa páxina web.

Lugar: salón de actos

Idade: de 6 a 12 anos

María Lires

Un xirafante, un vacaleón, un ornitopito ou una cebraraña… Esas son algunhas das especies animais resultantes de mesturar na nosa imaxinación todos os animais que se nos ocorran.

Galego

Obradoiro de escritura creativa

Lugar: salón de actos

Datas: venres 14, 21, 28 de xaneiro

Horario: 11:00 a 12:30

Obradoiro, no que se experimenta coas palabras, escríbese, lese en voz alta o escrito e finalízase dando cada un a súa opinión.

Un obradoiro de escritura creativa é un espazo no que liberamos a nosa capacidade creativa e desenvolvemos a nosa imaxinación co obxectivo de atopar a nosa voz propia literariamente falando.

Galego

As imaxes contan

Obradoiro de ilustración, no cal veremos e analizaremos varias ilustracións, os elementos que a compoñen e que nos quere contar o ilustrador.

Crearemos unha ilustración baseada nunha idea ou frase.

Duración: 60minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro