Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os segredos da natureza

Actividade práctica na que os participantes teñen un contacto directo co mundo das plantas e árbores mediante un paseo etnobotánico polos arredores da biblioteca para recoñecer distintas especies vexetais da nosa contorna, a orixe dos seus nomes, propiedades, uso,... resaltando a importancia dos espazos verdes dentro da cidade

Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (12/15 prazas)

Duración : 75 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982828329

 

Galego

Cociñando ciencia

 

Desde que o Físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo “Gastronomía Molecular” en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que está de moda.

O mundo culinario ofrece unha excelente plataforma para achegar fenómenos complexos da física e a química ao público e permítelles comprendelos a través de sistemas moi próximos.

A cociña é pura ciencia, non hai forma de entender a cociña se non é mediante reaccións químicas e biolóxicas.

Duración: 60 minutos.

Galego

Robótica creativa

Obradoiro educativo de robótica no que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de Lego Education.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Duración: 60 min.

Idade: de 4 anos en adiante.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Obradoiro Ángeles Alvariño

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Lugar: salón de actos

Imparte Fátima Rodríguez

Ángeles Alvariño, descubridora de especies de organismos e microorganismos acuáticos. Falaremos das súas expedicións e das súas achegas no ámbito da oceanografía, abordando o mundo microscópico dos protozoos e as bacterias. Faremos:

1. Imprimación dos peixes segundo a técnica Gyotaku.

2. Experimento de descomposición das cunchas dos moluscos.

Galego

Cociñando ciencia

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Lugar: salón de actos

Con Ciencia Kids

Desde que o físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo "Gastronomía Molecular" en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que están de moda.

Galego

Obradoiro de escritura creativa

Lugar: salón de actos

Datas: venres 5, 12, 19, 26 de novembro

Horario: 11:00 a 12:30

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario que atoparedes na nosa web.

Obradoiro, no que se experimenta coas palabras, escríbese, lese en voz alta o escrito e finalízase dando cada un a súa opinión.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro