Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mar á vista

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente á cativada e que a súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de maneira natural.

Galego

Origami mariño

Dentro das funcións principais do museo está a organización periódica de actividades científicas e divulgativas para a promoción e difusión entre todo tipo de públicos. En relación coa educación, o Museo leva a cabo un completo programa educativo destinado especialmente aos nenos e que á súa relación co Museo e o medio que o rodea xurda de xeito natural.

Esta actividade intenta, ao través do xogo co origami en papel achegar ao coñecemento do mundo mariño dun xeito orixinal.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

Galego

Creación de Ecopersonaxes de conto

Sinopse: Neste obradoiro os participantes escoitarán un conto máxico sobre ecoloxía e coidado do medio ambiente, no que os seres fantásticos que o protagonizan darán a coñecer a importancia do coidado do entorno natural e dos seus habitantes. Despois do conto crearán ilustracións de seres fantásticos utilizando elementos naturais de forma sostíbel.

Público destinatario: Infantil, de 6 a 9 anos

Con inscrición previa a partir do 31 de agosto ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca

Hora: De 17.30 a 19.30 h.

Uso obrigatorio de máscara

Galego

Arrolos con Mamá Cabra

Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e ensinan ás familias participantes neste pequeno obradoiro de arrolos cos que adormecer, aleitar, …e gozar da música nos primeiros días e meses de vida. Desde o seu nacemento o grupo Mamá Cabra marcouse como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música ás e ós máis pequenos e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro