Os tesouros do galeón afundido
Obradoiro infantil: de 5 a 9 anos de idade.
Inscrición gratuíta no teléfono: 886 151 101

Obradoiro infantil: de 5 a 9 anos de idade.
Inscrición gratuíta no teléfono: 886 151 101
Gloria Mosquera e Diego Maceiras interpretan e ensinan ás familias participantes neste pequeno obradoiro de arrolos cos que adormecer, aleitar, …e gozar da música nos primeiros días e meses de vida. Desde o seu nacemento o grupo Mamá Cabra marcouse como obxectivo cantar, bailar e transmitir o gusto pola música ás e ós máis pequenos e este obxectivo comeza nas voces das súas familias coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.
Obradoiro infantil (de 6 a 12 anos).
Inscrición obrigatoria e gratuíta.
Tras o verán de 2020, marcado polas restricións derivadas da pandemia de covid-19, volve O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no
Obradoiro infantil (de 4 a 6 anos).
Inscrición obrigatoria e gratuíta.
Obradorio de iniciación ao teatro para adultos a cargo de Manuel Solla.
Os días 8,9 e 10 de setembro de 18.00 a 20.00 h.
Inscricións a partir do día 1 de setembro no formulario da páxina web da biblioteca.
Obradoiro de robótica educativa no que os nenos e nenas desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de lego education. Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres se constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.
Este taller creativo é perfecto para fomentar as habilidades motrices, creatividade e concentración dos nen@s. Ademais transversalmente promóvese a reciclaxe como un hábito da rutina.
O "String Art" ou hilorama é unha técnica de fiado sobre cravos coa que entrecuzamos os fíos conseguindo un efecto decorativo e moi bonito. Unha madeira servirá de base para o cadro, utilizaremos fíos de cores cos que formaremos diferentes figuras xeométricas ou abstractas. Os participantes aprenderán unha técnica que axuda á relaxación e á concentración.
Actividade pensada para rapaces de máis de 6 anos que se realizará nos exteriores da Biblioteca. As prazas son limitadas polo que é necesaria a inscrición previa no teléfono 988 788385
Descobre os segredos da maxia. Visita esta especial escola, onde os axudantes de mago aprenderán a facer trucos moi sinxelos e didácticos, creando experiencias inesquecibles e rescatando ao mago que todos levamos dentro.
Actividade pensada para nenos e nenas de + de 6 anos que se desenvolverá nos exteriores da biblioteca. As prazas son limitadas polo que é necesario a inscrición previa chamando ao 988 788385.
Último dos catro obradoiros sobre a figura de catro mulleres precursoras da vida e do coñecemento científico, adicado a Margarita Salas (1938-2019) bioquímica molecular descubridora da ADN polimerasa. Falaremos de xenética dunha maneira moi sinxela a través de dous experimentos, o primeiro consistirá na extracción e visualización do ADN a partir dun amorodo e o segundo na obtención de pegadas dactilares, para estudar os dermatoglifos obtidos a facer un xogo ou rastrexo policial de identificación de persoas.