Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Lucernas: iluminando brigantium

Aproximarémonos á importancia do descubrimento do lume e a súa manipulación na evolución da nosa especie. Primeiro, realizaremos un percorrido polas diferentes salas da exposición permanente, onde coñeceremos as orixes e a multitude de usos do lume. Despois, exploraremos mediante a manipulación de réplicas, algúns dos métodos máis antigos para a súa produción, e coñeceremos os diferentes soportes inventados a través do tempo para manipular e tentar conter este prezado elemento.

Galego

Cultivos milenarios

Neste taller achegarémonos á época castrexa, coñecendo a importancia da agricultura e a gandería como fonte de recursos alimenticios, e descubriremos, con axuda da manipulación de réplicas arqueolóxicas, que a tecnoloxía da época xogou un papel fundamental para a supervivencia e o desenvolvemento das sociedades humanas. Finalmente, na parte práctica do taller aprenderemos o método de agricultura "bóla de arxila" tamén coñecida como Nendo Dango, e prepararemos nosa propia semente para levar a casa e plantala onde queiramos.

Galego

Cerámica: unha viaxe a través da arxila

Durante a realización deste taller veremos os procesos de transformación da arxila desde a súa recollida ata que se converte en cerámica. A través de réplicas arqueolóxicas coñeceremos os diferentes métodos de fabricación e a gran cantidade de usos destes obxectos cerámicos ao longo dos tempos. Con nosas propias mans crearemos un recipiente castrexo, usando as técnicas e as decoracións típicas dos habitantes dos castros.

Galego

Mosaicos Romanos

Coñeceremos a técnica musivaria e tras ver varios exemplos nas salas do museo, as e os participantes no taller farán un mosaico xeométrico empregando os patróns e as teselas que se lles proporcionarán.

Galego

Obradoiros didácticos de verán

Destinado a grupos infantís e xuvenís, asociacións e outras entidades ou axencias.

CONDICIÓNS: reserva previa e un mínimo de 10 participantes.

INSCRICIÓN: no teléfono 886 151 101 entre as 10.00- 21.00 h de luns a venres ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.gal. Precisamos que nos indiquen o nome do grupo e o obradoiro escollido; o día e a hora que lles interesa, o número de participantes (tamén as idades no caso de ser escolares) e un nome e teléfono móbil de contacto. 

Galego

Arte con pedras

Cucarandinas tráenos este martes un obradoiro moi orixinal no cal os participantes converteranse en verdadeiros artistas!

O taller busca inculcar a arte como unha maneira de ensino e de coñecemento, mediante a combinación e decoración de diferentes pedras, entendidas non só como un elemento da natureza senón tamén como unha peza na cal poden plasmarse os sentimentos e as ideas dando lugar a sorprendentes creacións.

Galego

Excavación: removendo a historia

A través dunha escavación simulada, converterémonos en detectives do pasado usando a ciencia e a análise para dar resposta a preguntas como: quen viviu aquí, en que época, para que utilizaban isto?, etc. Con esta actividade poderán experimentar en primeira persoa o traballo do arqueólogo, grazas á manipulación de materiais e ao desenvolvemento de procesos científicos anteriores e posteriores á escavación.

Galego

Obradoiro de robótica educativa

Salón de actos

Dúas sesións:

  • 12:00 horas
  • 13:15 horas

A partir de 6 anos

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Obradoiro de robótica educativa no que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de lego education.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro