Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Programación especial

A partir das 10:30 h
“APAÑANDO VERBAS PERDIDAS”
Recollida de vocábulos en desuso
10:30 h.
ACTIVIDADES PARA NENOS E NENAS:
Obradoiros sobre a figura da homenaxeada: Xela Arias.
11:00 h.
VISITA ESPECIAL GUIADA AO MUSEO:
“Cruce de camiños: a etnografía na ficción literaria”.
12:30 h.
ENTREGA DE PREMIOS:
VIII Concurso Fotográfico: IX Concurso de Relatos para nenos e nenas de E.P e E.S.O.
13:00 h.
CONFERENCIA

Galego

Como escribir poemas en mistos para recitar, compartir ou deixar que o vento os leve

Obradoiro, conferencia, relato de vida e unha fugaz exposición. Todo isto é este obradoiro de Julio Fer, no que as persoas asistentes poderán intervir poeticamente os mistos (sen cabeza) que o performer poñerá á súa disposición de acordo coas breves instrucións que se impartirán ao principio da sesión.

Á vez que os participantes se concentran na súa (in) fructuosa tarefa de escritura, escoitarán ao performer todas as posibilidades teóricas e prácticas que ten a poesía en mistos (e en caixas de mistos), tratando de non perder a concentración.

Galego

Origami mariño

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o Museo Massó propón esta actividade en liña na que se ensina a elaborar varias figuras de animais mariños coa técnica do origami.

Galego

Obradoiros infantís de Arqueoloxía: Cerámica

Durante a realización deste taller os participantes verán os procesos de transformación da arxila desde a súa recollida ata que se converte en cerámica. A través de réplicas arqueolóxicas coñeceremos os diferentes métodos de fabricación e a gran cantidade de usos destes obxectos cerámicos ao longo dos tempos. Con nosas propias mans crearemos un recipiente castrexo, usando as técnicas e as decoracións típicas dos habitantes dos castros.

Galego

Xogando coas Letras Galegas

Obradoiro de creación literaria no que os participantes elaborarán e ilustrarán poemas, partindo de textos de autores galegos.

Lugar: Espazo de actividades da planta baixa

Data: 14 de maio de 18.00 a 19.00 h.

Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos (9 prazas)

Con inscrición previa a partir de 5 de maio ás 11 h., a través do formulario da páxina web da biblioteca

Galego

Obradoiros de regueifa para adultos

Queres saber de que vai isto da regueifa? Lembras se en Rianxo se regueifaba?

Se queres aprender a regueifar, coñecer un pouco da historia deste xeito de cantar improvisando, das modalidades semellantes que existen noutros lugares... este é o teu obradoiro. 

Día: sábado, 22 de maio

Hora: 11.00 h

Lugar: Liceo marítimo rianxeiro

Para inscribirse: enviar correo electrónico a normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamar ao número de teléfono: 881 988 798

Galego

Comunicación a través das redes sociais

A Deputación de A Coruña, dentro da súa programación para o ano 2021, pon en marcha unhas accións formativas online para os clubs e entidades de toda a provincia enmarcadas no programa “Comunicación a través das redes sociais". Serán 7 accións formativas distribuídas polas distintas comarcas, con 50 participantes en cada unha delas. No caso de Bergantiños e Terra de Soneira, as actividades desenvolveranse entre o 5 e o 25 de maio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro