Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

As festas do lume: San Xoán e outros rituais

O lume, un dos catro elementos da natureza , foi dende sempre protagonista de diversas celebracións nas que simboliza o seu poder purificador. Como exemplo sempre se citan ás fogueiras de San Xoan pero a súa presenza é habitual en
moitas outras celebracións en todos os lugares do mundo: as fogueiras de San Pedro, as fallas de Valencia, a noite de Guy Fawkes en Gran Bretaña, etc.

Galego

Os maios: Unha viaxe polos maios galegos

Festividade do ciclo de maio, de comezo da primavera e exaltación da natureza, con diferentes manifestacións, ao longo da nosa xeografía, materializadas en distintas construcións que van dende as de forma cónica ás figurativas. Percorreremos os lugares de maior tradición para analizar os seus Maios característicos e faremos referencia a outras celebracións da transición á primavera por todo o mundo.

A actividade constará de:
– Parte teórica: introdución ás festas da primavera.
– Parte práctica: elaboración de Maios no xardín que circunda o museo.

Galego

Conto de sombras

Dentro dos nosos xoves creadores temos hoxe un contaconto de contos tradicionais da nosa terra, principalmente de historias de Ourense ou que teñen como protagonistas ás mulleres e posteriormente un obradoiro no que faremos uns monicreques e un pequeno escenario para poder contar os nosos propios contos na casa cun teatro de sombras.

Actividade para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o vernes anterior a actividade.

Galego

Obradoiro de papiroflexia

Este mércores temos na Biblioteca un obradoiro de papiroflexia dalgúns dos personaxes do Principiño.

Queremos festexar a festa do libro e entre outras actividades organizamos este obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o vernes anterior a actividade.

Galego

Obradoiro creativo “Iniciación a arte de debuxar letras (Lettering)” Prazas esgotadas

Obradoiro de iniciación ao lettering. Actividade creativa que consiste na arte de debuxar as letras, mesturando diferentes tipografías, para conseguir unha obra visualmente atractiva.

Público destinatario: Infantil, de 8 a 13 anos

Data: 16 de abril

Hora: De 17.30 a 19.00

Con inscrición previa a partir do mércores 7 de abril a través do formulario da páxina web.

Galego

Fiando palabras

Nos nosos xoves creadores temos esta semana un obradoiro onde darán a coñecer as técnicas de produción de tecidos como o liño ou a lá coñecendo os procesos de obtención das materias en bruto e as técnicas para convertelas en produtos finais (vestiementa, roupa da casa ...) a través do emprego dos útiles como fusaiolas, parafusas e da urda de fíos no tear... e como deste saber transmitiuse de forma oral. 

Actividade pensada para nenos e nenas de + de 6 anos.

Galego

Noticias falsas

Que son as Fake News? Que é o Clickbait? Identifica bulos e noticias falsas Contrasta a información antes de compartila Identifica páxinas satíricas como forma de desinformación Exemplos actuais de bulos e informacións falsas Intelixencia artificial na desinformación - Deep Fakes Beneficios do pensamento crítico.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro