Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro de creación de personaxes

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: salón de actos

Iria Fafián

Neste obradoiro coñecerás as bases para a creación de personaxes, como imaxinar as súas características, o seu aspecto físico ou como crear o mundo que os rodea. Cada participante creará o seu personaxe dando renda solta ao seu imaxinario propio, con todo o necesario para que comece a aventura.

Galego

Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

A Secretaría Xeral da Emigración organiza a primeira das Xornadas informativas en liña - Webinar sobre as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) 2021-2022 para mozas e mozos galegos residentes no exterior que queiran cursar un máster nunha das universidades de Galicia.

A actividade está orientada a estudantes nacidos/as en Galicia ou descendentes de galegos/as que residan non exterior e queiran  coñecer máis información sobre o programa, e tamén a entidades académicas, centros, institucións etc. interesadas.

Galego

Xogando coa natureza

Seguindo cos xoves creadores esta semana Xeitura Teatro proponnos un Obradoiro de elaboración de xoguetes con produtos da natureza, como facían os nenos e nenas galegos do rural.

Actividade pensada para nenos e nenas de + de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Con J de Javiota, con J de José

Nenas e nenos de 6 a 12 anos serán os destinatarios do obradoiro artístico con temática mariñeira que celebraremos en catro quendas independentes os días 30 e 31 de marzo e que xirarán en torno á obra de José Suárez, fotógrafo galego ao que lle dedicamos unha exposición antolóxica que se pode ver no edificio Castelao ata o 18 de abril.

Galego

Eutopías. A procura do bo lugar no cinema

O MARCO acolle un curso de cine baixo o título Eutopías. A procura do bo lugar no cinema que será dende o 22 de outubro ata o 18 de maio do 2021 en horario de 19.30 a 21 horas.

A primeira quenda será os xoves do 22 outubro 2020 ao 18 febreiro 2021, e, a segunda os martes do 23 febreiro ao 18 maio 2021.

Haberá un total de 12 sesións por quenda e 34 prazas participantes en cada quenda.

A inscrición e matrícula está aberta en taquilla MARCO, no correo recepcion.marco@gmail.com e no teléfono 986 113 900 Ext. 100.

Galego

Como elaborar un CV e videocurrículum innovador

CONTIDO DO CURSO:

INTRODUCIÓN

CURRÍCULUM VITAE

CURRÍCULUM ONLINE. O NOVO CV 2.0

O PORTFOLIO

BLOG PROFESIONAL

AS REDES SOCIAIS

TARXETA DE VISITA 2.0: CÓDIGO QR

O VÍDEOCURRICULUM: A NOVA FORMA DE PRESENTACIÓN LABORAL

A quen vai dirixido: persoas desempregadas, estudantes en xeral e a toda persoa que queira mellorar as súas posibilidades de atopar traballo.

Datas: do 13 ao 26 de abril.

Horarios: de luns a venres de 19 a 21 horas.

Duración: 20 horas.

Modalidade: online.

Prezo: 15 €.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro