Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O silencio do ilustrador

O do ilustrador é un traballo calado, entre libros, pinturas, papeis, inspiración… e algún que outro gato, polo xeral.

Neste obradoiro a ilustradora María Lires achegará a rapazada cómo é o seu labor. O que se ve …

… E o que non se ve.

O que se agocha detrás dun libro.

Duración: 60 minutos

Para 10 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Salón de actos

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.

Galego

Transferencia do coñecemento e interacción co Sistema de I+D+I

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta, dando continuidade ao labor da Fundación Barrié na formación de xestores de transferencia, co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.
 

Galego

Celebrando ás mulleres

Dentro dos nosos xoves creadarores Sarabela teatro proponnos un obradoiro para celebrar ás mulleres.

Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos. 

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Cultivando a diversidade

Atenea García e Beatriz Laranxeira son as encargadas da dinamización deste obradoiro de contacontos dende e sobre a perspectiva de xénero. Para toda a xente a que lle guste contar de 16 a + de 100 anos.

O obradoiro desenvolverase en dous días, o venres 12 con horario de 16.00 a 20.00 h. e o sábado 13 de marzo con horario de 10.00 a 14.00 h.

As inscricións poden facerse ben presencialmente ou chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386 a partir do venres 5 de marzo.

Galego

A que lía Rosalía

Sarabela Teatro proponnos un obradoiro de escrita en torno á figura e á obra de Rosalía de Castro.

Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Día Internacional da Lingua Materna

Puño, puñete, de Baobab Teatro, é unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Ao mesmo tempo, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os cativos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir xogo tradicional “-Puño, puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño, puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!”.

Galego

Aula Galicia Aberta: Aula de lingua e cultura galegas

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, dentro do seu programa Aula GaliciaAberta, organiza o curso en liña de lingua e cultura galegas, co obxectivo de promover o noso idioma e cultura na Galicia do exterior.

Destinatarios/as - Participantes: 

Todas as persoas interesadas no idioma galego, con ou sen coñecementos previos

É de carácter gratuíto e non precisa inscrición 

Datas e horarios das clases: os luns e os xoves, do 18 de febreiro ao 13 de maio de 2021, ás 20:00 h.

Profesora: Concha Diéguez, de Reverso Comunicación

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro