Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradorio de banda deseñada

Neste obradorio presencial de dous días, a cargo de Polo Correo do Vento, poderás aprender conceptos básicos para deseñar os teus propios cómics.

Dúas sesións:  os días 29 e 30 de abril de 18.00 a 19.30 h.

Con inscrición previa a partir do 21 de abril ás 11.00 h. na web da biblioteca.

Para público xuvenil a partir de 14 anos e adultos

Galego

Acercándonos a Galicia

O mércores 24 de marzo ás 8:15 h (hora de Uruguai, 12:15 h en España) a Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai (A.E.G.U.) organiza a webinar Acercándonos a Galicia.

Programa:

Internacionalización de las empresas y los productos de Galicia, a cargo de Augusto Álvarez-Borrás Massó, director da Área de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Ayudas de IGAPE para nuevos emprendedores (Galicia Emprende), a cargo de Ruth Pereira Rodríguez, técnica responsable de Promoción Internacional do IGAPE

Galego

Residencia Literaria da Cidade da Cultura | Programa REGA

A Residencia Literaria da Cidade da Cultura é un novo proxecto deseñado para o apoio e acompañamento de escritores emerxentes e inéditos baseado no intercambio de experiencias e a posta en común de coñecementos: un espazo para a escritura e o talento; para falar e crear, para aprender e compartir; un espazo para escoitar e ser escoitado, e para compartir a crítica e tamén o eloxio. 

Galego

Obradoiro de fotografía creativa

Dende o 27 da marzo todos os sàbados entre as 12.00 e as 13.30 h teremos un obradoiro de fotografía creativa "Aprender a mirar" a cargo de Ana Nieto para maiores de 16 anos. O obradoiro constará de 8 sesións e rematará o 22 de maio.

O nivel requirido para asistir é o uso dos controis semiautomáticos da cámara ou manual. Non é necesario dispor de cámara reflex, se o teu teléfono dispón de controis manuais podes vir igualmente.

Inscricións nos teléfonos 988 788385 / 86

Galego

Zoo-ilóxico

Obradoiro baseado no libro ilustrado por María Lires “O meu pesadelo favorito” de María Solar no que recrearemos o que acontece no laboratorio do que saíron Dinorrinco e Hipodrilo, para que os cativos, as cativas e a ilustradora inventen novas criaturas resultantes de mesturar varios animais. Unha actividade moi divertida que disparará a súa imaxinación e o seu asombro.

O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos e o límite de prazas é de doce.

Galego

Introducción á programación de videxogos con Unity

Unity é un motor de desenvolvemento (ou motor de videoxogos) dos máis utilizados actualmente no sector dos videoxogos, un sector que hoxe en día xera máis ingresos que a música e o cinema combinados. O termo motor de videoxogo (game engine) fai referencia a un software o cal ten unha serie de rutinas de programación que permiten o deseño, a creación e o funcionamento dunha contorna interactiva; noutras palabras, dun videoxogo.

Galego

Teatralizando! Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña

Obradoiro basado no libro "Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña" de Simón Blanco da editorial Aira, os rapac@s apaortarán elementos e serán partícipes da historia. Mediante diferentes formas de expresión artística ou musical faremos que os pequenos pàrticipen activamente na obra. 

Actividade pensada para nenos e nenas de máis de 6 anos. 

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela precísase facer inscripción previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 dende o venres anterior a actividade.

Galego

Obradoiro de recolla de patrimonio musical

Introdución sobre a metodoloxía do traballo de campo, a documentación, a gravación, a organización e a divulgación da información.

Neste obradoiro de 3 horas, para o que non son precisos coñecementos específicos previos, Xulia fará unha introdución sobre a metodoloxía do traballo de campo, a documentación, as entrevistas, a gravación, a organización da información e a divulgación do traballo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro