Cociñando ciencia
Desde que o Físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo “Gastronomía Molecular” en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que está de moda.
O mundo culinario ofrece unha excelente plataforma para achegar fenómenos complexos da física e a química ao público e permítelles comprendelos a través de sistemas moi próximos.

