Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Coa ciencia tamén se xoga

Os participantes a este obradoiro seguirán un proceso científico de forma divertida e práctica onde aprenderán principios de física e química a través do desenvolvemento de diferentes experimentos abraiantes.

Data e hora: venres, 10 de novenbro de 18 a 19:30 Hh.

Público destinatario: infantil, de 6 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 31 de outubro ás 9:00 h.

Galego

Robótica creativa

Obradoiro tecnolóxico dirixido a nenos e nenas, onde aprenderán de forma lúdica conceptos básicos de programación, robótica e electrónica. Empregaremos robots de "LEGO Mindstorms", esferas intelixentes "Sphero Mini", drons e outros dispositivos electrónicos. Os participantes aprenderán e se divertirán cos diferentes retos.

  • Público destinatario: infantil, de 8 a 14 anos
  • Data e hora: xoves, 2 de novembro de 19:30 a 20:30
  • Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 25 de outubro ás 9:00 horas
Galego

Arte segreda

Como todos os anos, o Museo organiza obradoiros para levar a cabo en familia. Nesta convocatoria céntranse no Barroco, que, polas súas características (gran realismo, abundancia de temática relixiosa, forte contraste entre luces e sombras que lle confire unha certa tenebrosidade...) non adoita ser un dos movementos artísticos elixidos para achegar a arte aos nenos e ás nenas.

Galego

Mega obradoiro de globoflexia

Texto de presentación da actividade

Neste obradoiro, os rapaces pasarán un rato super divertido aprendendo a facer globos o mesmo tempo que se estimula a sua creatividade e destreza. 

Antes de comenzar, para quentar motores, faremos tamén un mini espectáculo de maxia.

A parte final do obradoiro será con música. Os nenos bailaran o mesmo tempo que construen a suas fantásticas creacións.

Programa

Celebración do Día das Bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Xogando a reciclar

Texto de presentación da actividade

Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público...

Neste obradoiro teatralizado, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente de aprender a importancia da reciclaxe Xogando e rindo!

Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ó seu novo, e torpe, axudante a clasificar o lixo coa axuda do público

Programa

Día da biblioteca

Galego

Papelarte

Texto de presentación da actividade

Todos os días usamos papel para moitas cousas. Pero... Algunha vez pensaches en facer unha escultura con el? Achégate a este obradoiro e descubrirás como crear as túas pezas tridimensionais. Crea unha figura do teu personaxe favorito cunha técnica milenaria, usando só papeis reciclados, un pouco de engrudo e toda a túa imaxinación.

 

Programa

"Outubro, mes das bibliotecas"

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Imprenta tipográfica creativa

Texto de presentación da actividade

Como se imprimían os libros antigamente? Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal. Neste obradoiro faremos un equipo de impresores coas as participantes e crearemos unha serie orixinal e divertida de cartaces. Empregando o material de época: tipografías de madeira, as prensas de impresión, rolos, tintas, papeis.

Programa

Día das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Desprega a túa imaxinación

Texto de presentación da actividade

Os libros despregables e móbiles achégannos unha experiencia de lectura máis interactiva, desexosos de ser acariñados e manipulados para poder ser comprendidos na súa totalidade.

De forma lúdica e experimental, viaxaremos a un mundo en movemento de creatividade infinita, descubrindo diferentes técnicas e mecanismos que nos axudarán a crear o noso espectacular libro pop-up, cheo de sorpresas.

 

Programa

LER CONTA MOITO

Galego

A biblioteca ideal

Texto de presentación da actividade

A biblioteca ideal. Crea un libro con nós no que te imaxines cal sería a túa biblioteca ideal. Que actividades tería? Sería unha biblioteca espacial? Ou unha biblioteca ó aire libre? Ou unha biblioteca feita de papel?

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (A partir de 3 anos en familia)

Duración

120 minutos

Sesións

  • Sesión única: 24/10/2023 - 16:00

Lugar de celebración

Galego

Terroríficas. Historias de terror

Texto de presentación da actividade

TerroríficAs é un obradoiro que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico.

Programa

Ler cont aMoito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro