Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mollarse ten a súa ciencia

Sesión de divulgación científica na que os asistentes poderán descubrir diversas curiosidades científicas. Os experimentos propostos estarán baseados nas propiedades fundamentais da auga, manipulando obxectos e materiais de uso cotiá, a través do que reparar no coñecemento científico.

Para público infantil de 6 a 12 anos.

Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.

Galego

Maxia ou ciencia

Coa realización de diversos experimentos búscase proporcionarlles aos nenos e nenas unha base de pensamento lóxico dedutivo.

O obxectivo é espertar o interese dos nenos e das nenas pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade. Demostrarase que os fenómenos naturais poden parecer máxicos e asombrarnos, ata que os observamos, descubrimos e explicamos.

Para público infantil de 6 a 12 anos.

Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.

Galego

Arqueoloxía experimental

Obradoiro de arqueoloxía experimental no que os participantes se converten nos protagonistas do experimento e por tanto, formulan hipótese de reconstrución, observan, analizan, manipulan obxectos e instrumentos, ao mesmo tempo que reproducen paso a paso diferentes pezas aplicando as diferentes técnicas e xestos dos oleiros que viviron na nosa contorna.

Unha síntese do proceso de elaboración da cerámica antiga polo oleiro Pepe Otero.

Para público infantil de 6 a 12 anos.

Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.

Galego

Como deseñar unha cidade: learning from Las Vegas

Deseñar unha cidade non é sinxelo, estas adoitan estar sometidas a cambios constantes que afectan as persoas que as habitan.

Os arquitectos Denise Scott-Brown e Robert Venturi realizaron un estudo chamado Learning from Las Vegas que propuxo unha peculiar maneira de construír e ver a cidade con “patos” e “caixas decoradas”.

Para público infantil de 6 a 12 anos.

Inscrición previa no teléfono 886 120 445 ou na propia biblioteca.

Galego

Robótica experimental

A robótica é unha disciplina enmarcada no ámbito educativo que facilita o descubrimento da tecnoloxía e a programación, mediante unha aprendizaxe dinámica e divertida na que os participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Para público infantil de 6 a 12 anos. (12 prazas por sesión)

2 sesións:

1º grupo ás 18:00 h.

2º grupo ás 19:00h.

Na Ludoteca

Galego

Científicos por un día

A ciencia proporciona as ferramentas necesarias para comprender mellor o mundo que lles rodea.

Fomenta a curiosidade e o sentido crítico. Lanza luz sobre a relación entre os seres humanos e a natureza, e lémbranos que os recursos naturais non son ilimitados.

Actividade interactiva onde se farán experimentos científicos que todos os participantes poden levar a cabo, espertando o seu interese pola ciencia e a investigación.

Para público infantil de 4 a 12 anos. (10 prazas por sesión.)

 

 

2 sesións:

1º grupo ás 18:00 h.

Galego

Cociñando ciencia: química e física na cociña

Desde que o Físico Nicholas Kurti e o profesor de química Hervé This acuñaron o termo “Gastronomía Molecular” en 1988 fomos testemuñas dunha verdadeira revolución na cociña. Ser cociñeiro é unha das profesións que está de moda e os asuntos de cociña acaparan todos os medios, non só no sector, tamén a pé de rúa.

O mundo culinario ofrece unha excelente plataforma para achegar fenómenos complexos da física e a química ao público e permítelles comprendelos a través de sistemas moi próximos.

Galego

Crea a túa personaxe (xoguetes non sexistas)

Obradoiro no que cada participante dará vida a unha personaxe de trapo, personalizándoa ao seu gusto.

Partindo de bonecos “en branco” cada nena e neno poderá poñerlle pelo (de lá ou tea de peluche), pintarlle a cariña e ata confeccionar a súa roupa con retallos de tea e feltro. Quen dixo que os bonecos son cousas só de nenas??? 

Na sala infantil. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Creación de monicreques de pau

Obradoiro no que cada participante deseñará unha personaxe partindo dunha culler de madeira que poderán personalizar e vestir  con feltros e retallos de tea e, posteriormente, formar parte dunha ou varias historias creadas in situ polo grupo. 

Na sala infantil. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro