TARDEO NO CGAC. TALLERES PARA PÚBLICO INFANTIL
Os mércores á tarde contaremos con esta nova actividade dirixida ao público infantil. O seu obxectivo é estimular o interese das persoas máis novas na creación artística contemporánea e incentivar a aprendizaxe a través da experimentación coa arte. Nestas sesións didácticas e de lecer, que terán lugar no CGAC, merendaremos e realizaremos actividades, de xeito individual e colectivo, centradas nos procesos creativos. Nas distintas sesións, abordaremos tanto a plástica como a expresión corporal ou a experimentación sonora.

