Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro creativo con origami

A través deste obradoiro creativo os nenos e as nenas poderán realizar diferentes figuras coa técnica xaponesa de plegado de papel ou origami, para logo crear as súas propias historias en grupo deixando voar a súa imaxinación.

 

  • Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos
  • Data e hora: 15 de setembro de 18 a 19:30 h.
  • Inscrición prrevia na web da biblioteca a partir do 6 de setembro ás 9:00 h.
Galego

Obradoiro creativo “Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores”

Obradoiro no que as pequenas e pequenos participantes elaborarán uns orixinais broches e chaveiros mini- libro mediante o uso de materiais como feltro, goma-eva, abelorios, lazos e apliques.

Actividade moi dinámica na que cada participante poderá elaborar varios modelos para si mesma ou para agasallar a quen queira.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Obradoiro “Crea o teu propio cómic!”

Este obradoiro creativo está dirixido a nenas e nenos que teñen interese pola arte da banda deseñada e o debuxo de historietas. As pequenas e pequenos participantes aprenderán a crear dende cero: deseñarán, debuxarán e rotularán unha historieta utilizando diferentes técnicas sinxelas.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 7 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Robótica creativa

Obradoiro de robótica creativa no que os/as participantes desenvolverán a súa creatividade deseñando, programando e dando vida a diferentes robots co material de LEGO Education.

Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

 

Dúas sesións: de 18.00 a 19.00 h. e de 19.15 a 20.15 h.

Público infantil de 6 a 12 anos.

Espazo de obradoiros da Biblioteca.

Duración: 60 minutos.

 

Galego

Obradoiro creativo “Minilibros con mensaxes: comparte o teu gusto pola lectura e os libros”

Obradoiro de minilibros con mensaxes e frases en prol das letras, recomendacións de lecturas, frases de personaxes...

Unha maneira orixinal de facer ver a importancia de ler e compartir.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Obradoiro “O futuro que somos: obradoiro de autorretrato de grandes lectoras e lectores”

A todas e a todos ler nos axuda a coñecer máis o mundo, a imaxinar o que nos gustaría facer, visitar, inventar.

Lendo historias podemos vernos como detectives, arqueólogas, mestres, arquitectas, deportistas, científicas, músicos, poetas…

O que faremos neste obradoiro será retratarnos (debuxo e colaxe) como eses personaxes que imaxinamose e levaremos o autorretrato para colgar na casa.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Galego

Obradoiro “Ler é imaxinar: elaboración de cartaces en prol da lectura e os libros”

A persoas participantes, por grupos, elaborararán un cartaz dedicado á lectura, no que partindo da colaxe e a cor, poderán reflectir a importancia dos libros e das historias.

Recortaremos imaxes, textos, palabras, incluiremos títulos e os nomes de escritoras e escritores que máis lles gusten.

Na sala infantil.

Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

 

Galego

Obradoiro “O ContoXogo: palabras que crean”

Obradoiro no que, partindo de diferentes palabras, crearemos unha historia conxunta, a modo de cadáver exquisito.

Cada participante elixirá unhas tarxetas con nomes, espazos, obxectos, personaxes... e entre todas iremos fiando a historia. Que pode saír desta experiencia?

Hai miles de posibilidades, dende vaquiñas motorizadas que van de excursión a ver o mar, ata nenas que viaxan no tempo e descobren a historia en primeira persoa... Un sen fin de historias posibles, froito da espontaneidade e da enerxía do momento.

No salón de actos.

Galego

Telling stories in the museum

No Museo planificouse unha visita-obradoiro en inglés para grupos infantís e de escolares de educación primaria.

Con esta actividade búscase achegar de forma atractiva e interactiva os contidos principais do relato museístico da exposición permanente: a conquista do mar e a explotación dos recursos do mar, a través da industria conserveira e baleeira, e aprendendo o vocabulario específico escrito e oral en inglés con xogos e preguntas.

Dirixido a nenas e nenos dende seis anos.

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

Galego

Obradoiro "DevoraContos: o meu caderno de lectura"

Neste obradoiro entregaráselles un caderno ás nenas e nenos participantes e o personalizarán de maneira que poidan dedicalo a escribir os títulos dos libros que van lendo, os que lles gustaría ler, libros que se poden recomendar entre amigas e amigos, frases que lles gustan ou personaxes que lles chaman a atención, debuxalos, ou escribir as súas propias historias. No caderno tamén poderán incluír datas relevantes a destacar no mundo das letras ou a súa axenda de actividades.

No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro