Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador' celebrarase a partir do 30 de novembro e durante unha semana a súa novena edición nun formato totalmente en liña. Baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño, esta programación desenvolverase, por primeira vez, mediante a plataforma webex e emitirase na canle de Youtube da Consellería de Cultura da Xunta. Realizarase un recital en streaming o 3 de decembro ás 17,00 horas.

Galego

Capicúa 360. Reinventar o mundo

Obradoiro co obxectivo de reflexionar sobre como salvar o planeta e buscar formas de estarmos no mundo, tras a crise do COVID-19. Nenos e nenas de 5 a 10 anos. É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.

Galego

Planta cara ao acoso de rúa

O 25 de Novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas.

Galego

Protexendo o Camiño

Contacontos ilustrado realizado polo colectivo Polo Correo do Vento no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

Narración oral e ilustración combínanse para tecer unha historia orientada ao público infantil que mostre a importancia do patrimonio inmaterial que é o Camiño de Santiago, así como a necesidade de protexelo.
A actividade remata cun obradoiro de debuxo no que as pequenas e pequenos asistentes realizan unha caricatura guiados polo ilustrador Carlos Taboada.

Dirixida a nenas e nenos maiores de 6 anos. 

Galego

Iniciación á xestión da privacidade e indentidade dixital en internet

A privacidade na internet refírese ao control da información que posúe un usuario que se conecta á Rede, interactuando por medio de diversos servizos en liña cos que intercambia datos durante a navegación. Neste webinar aprenderás as nocións básicas para manter esa indentidad e privacidade dixital afastada de ataques ou vulneracións que fagan que os nosos datos estean expostos na Rede.

Centro: Aula CeMIT Vilar de Santos

Data inicio: 26 novembro2020

Tipoloxía: Formación dixital básica

Horario: 18:00-19:00

Número total de horas:1

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro