Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Iniciación á xestión da privacidade e indentidade dixital en internet

A privacidade na internet refírese ao control da información que posúe un usuario que se conecta á Rede, interactuando por medio de diversos servizos en liña cos que intercambia datos durante a navegación. Neste webinar aprenderás as nocións básicas para manter esa indentidad e privacidade dixital afastada de ataques ou vulneracións que fagan que os nosos datos estean expostos na Rede.

Centro: Aula CeMIT Vilar de Santos

Data inicio: 26 novembro2020

Tipoloxía: Formación dixital básica

Horario: 18:00-19:00

Número total de horas:1

Galego

Un conto, un xoguete

Obradoiro de Nadal, "UN CONTO, UN XOGUETE"

Sinopse: Obradoiro creativo onde os rapaces, partindo da lectura dalgún conto, farán o seu propio xoguete con materiais caseiros e reciclados, motivando a súa creatividade.

Público destinatario: Infantil, de 7 a 10 anos (9 prazas).

Datas: 28, 29 e 30 de decembro (luns a mércores) 11:30 a 13:00

Lugar: Espazo actividades da entrada

Con inscrición previa a partir do 16 de decembro, mércores, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Galego

Obradoiro de pandeireta

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 propón estas xornadas de formación impartidas por un dos músicos máis relevantes do panorama galego de música de raíz. Cunha metodoloxía que alternará os aspectos teóricos e a práctica e que se adaptará ao nivel e necesidades dos asistentes, Xabier Díaz abordará as técnicas básicas da pandeireta e do pandeiro cadrado e o seu repertorio tradicional fundamental, relacionará o repertorio galego co doutras rexións do mundo e as melodías tradicionais cos modos antigos e mais poñerá en valor a importancia da muller na conservación da música tradicional

Galego

Obradoiro de pandeireta

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 propón estas xornadas de formación impartidas por un dos músicos máis relevantes do panorama galego de música de raíz. Cunha metodoloxía que alternará os aspectos teóricos e a práctica e que se adaptará ao nivel e necesidades dos asistentes, Xabier Díaz abordará as técnicas básicas da pandeireta e do pandeiro cadrado e o seu repertorio tradicional fundamental, relacionará o repertorio galego co doutras rexións do mundo e as melodías tradicionais cos modos antigos e mais poñerá en valor a importancia da muller na conservación da música tradicional

Galego

Escola de Maxia

UNHA EXPERIENCIA ÚNICA, SORPRENDENTE E DIVERTIDA

Con que frecuencia viches a un mago e dixécheste a ti mesmo "gustaríame saber como fixo iso"? Agora podes aprender os segredos coas leccións de maxia de David Méndez. Obradoiro de maxia onde os adultos poden aprender algúns trucos de maxia mentres gozan dun par de horas entretidas. David crea un espazo de interactuación, asegurando que as súas clases de maxia sexan moi divertidas e participativas para todos os involucrados. 

Galego

Reinventar o mundo

Trala crise provocada pola COVID19 somos conscientes da necesidade de mudar a nosa maneira de estar no planeta. Os nenos e nenas precisan explicacións, necesitan respostas e espazos onde expresaren as súas dúbidas, medos e propostas para reinventar o mundo.

Galego

Autodefensa ciberfeminista

O Obradoiro de Autodefensa Ciberfeminista ten por obxectivo formar a mulleres, especialmente ás pertencentes a asociacións e colectivos feministas e tamén ás mozas do Consello da Muller Nova, sobre as estratexias de autodefensa, empoderamento e denuncia das violencias machistas nas contornas dixitais.

A autodefensa na rede é un xeito de responder ante as violencias que nela se reciben, moi especialmente as mulleres. Se a ciberviolencia existe, é porque existe violencia no mundo real, e o que pasa na rede tamén forma parte do mundo real.

Galego

Mes da Ciencia na Biblioteca|De onde proveñen os números que describen os seres vivos?

A natureza en xeral, pero máis concretamente os seres vivos teñen un deseño baseado nas matemáticas. As súas formas están relacionadas con varios números máxicos que experimentaremos.

Por que as celas do panal da abella teñen 6 lados? Sabías que as flores só teñen un determinado número de pétalos? Ou por que os seres humanos estamos feitos cun número máxico? Hai que achegarse á Biblioteca de Galicia para poder descubrilo!

Galego

Mes da Ciencia na Biblioteca|Faladoiros de ciencia

Os Faladoiros de ciencia queren ser un espazo de encontro, similar ás 'tertulias de Ramón y Cajal', onde persoas curiosas de diferentes perfís falaban e discutían sobre temas científicos e de actualidade.

Neste caso os/as asistentes participarán en dúas conversas, cun máximo de 10 persoas en cada Aula e de 30 minutos de duración cada unha, impartidas por dúas mulleres científicas da Misión Biolóxica de Galicia:

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro