Laboratorio zoo-ilóxico
Obradoiro baseado no libro ilustrado por María Lires “O meu pesadelo favorito” de María Solar no que recrearemos o que acontece no laboratorio do que saíron Dinorrinco e Hipodrilo, para que os cativos, as cativas e a ilustradora inventen novas criaturas resultantes de mesturar varios animais. Unha actividade moi divertida que disparará a súa imaxinación e o seu asombro.

