Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Eu decido a historia

Impartido por Andrea Barreira Freije.

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Datas: Martes 12, 19, 26 de xaneiro e 2 de febreiro

Horario: de 18:45 a 20:15 horas

O presente obradoiro de narrativa busca aprender a escribir relatos dun xeito crítico e ameno, no que se explican as ferramentas precisas para construír un relato.

Galego

Iniciación ao teatro

Obradoiro de inciación ao teatro a cargo de Manuel Solla para público adulto.

Sinopse: Traballaranse técnicas e exercicios de desinhibición, espazo, sensibilización, expresión corporal, creatividade, relaxación, voz, improvisación, clown, desenvolvemento persoal, coaching, etc.

Xoves 21 de xaneiro de 18.00 a 20.00 h e Venres 22 de xaneiro de 18.00 a 20.00 h

Inscricións a partir do 13 de xaneiro no teléfono 886 159 249 en horario de 9.00 a 14.00 h

 

Galego

Obradoiro de ilustración creativa

Obradoiro de ilustración creativa para nenos e nenas de 6 a 10 anos.

Venres 29 de xaneiro de 17.30 a 19.00 h

Sinopse: Con este obradoiro os nenos e nenas achegaranse ao mundo da narración ilustrada de maneira creativa e divertida creando entre todos/as unha personaxe protagonista que ilustrarán a continuación cada un deles/as.

Inscrición previa a partir do mércores 20 de xaneiro no teléfono 886 159 254 en horario de 9.00 a 14.00 h

Galego

Obradoiros Infantiles de cocina nos mercados coruñeses: Nadal 2020

Este Nadal os sete mercados coruñeses acollerán talleres infantís de cociña para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Estes talleres contarán coa participación de dúas grandes figuras da cociña a nivel nacional: Sara Lúa, concursante de Máster Chef 8, e Adrián Felípez, cociñeiro coruñés do restaurante Faragulla e do Hünico do hotel Hilton.

Sara Lúa participará nos talleres dos mercados Eusebio da Guarda, As Conchiñas, Ramón Cabanillas e Santo Agostiño.

Adrián Felípez estará nos talleres de Elviña, Monte Alto e Adormideiras.

Como participar:

Galego

Cocina de Nadal

A área de Mocidade, que dirixe Ana G. Abelleira, ofrecerá en aberto as clases de cociña, tanto universitaria, como do mundo e de nadal, enmarcadas na programación de mocidade activa dos últimos meses do ano.

Estas xornadas culinarias estaba previsto levalas a cabo telematicamente e con inscrición, decidíndose ofrecelas en aberto para chegar a toda a mocidade con inquietudes do mundo da cociña ou os mozos e mozas que buscan aprender, no seu tempo de lecer, novas habilidades.

Galego

Curso Obradoiro de iniciación á commedia dell´arte

O Titiriberia, festival de títeres tradicionais, único do seu xénero na Península Ibérica, ten o gran pracer de saudar á súa nova terra de acollida. Rianxo, vila amiga do teatro, asume o risco que implica xuntar durante sete días a titiriteiros e titiriteiras da peor das calañas, aqueles que branden a cachaporra sen pudor nin reverencia. Neste ano excepcional, as cachaporras poden converterse no remedio sen igual, o bálsamo de Fierabrás que acabe dunha vez por todas co “maldito becho”.

Galego

Certified Computer Hacking Forensic Investigator

CHFIv9, la última versión del programa ha sido diseñada por profesionales expertos/as en el manejo de evidencias dentro de investigaciones de cibercrímenes. Ha sido desarrollado por un panel de investigadores/as expertos/as de la industria y además se han establecido los estándares para las mejores prácticas en investigacione digitales. También está dedicado a aumentar el nivel de conocimiento, comprensión y habilidades en ciberseguridad e investigación.

Galego

Visións literarias da moda: Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán

O presente curso ofrece unha reflexión sobre as orixes da moda a finais do século XIX e comezos do século XX. Con esta premisa analizaremos a súa contextualización histórica, semiótica e social, e as súas relacións con outras disciplinas artísticas como a literatura e a arte. Como apuntaba Emilia Pardo Bazán na súa obra Cuarenta días en la exposición, “A moda non é algo arbitrario. Por iso merece considerarse como unha importante manifestación social e artística”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro