Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Eutopías- A búsqueda do bo lugar no cinema

Adoita pensarse a utopía como unha quimera, como unha proxección irrealizable desde un presente escuro cara a algún futuro, mellor pero tamén inalcanzable. O termo foi acuñado por Tomás Mouro en 1516 na súa obra homónima, a partir nunha das interpretacións posibles dos vocábulos gregos ou- (que expresa negación) e tópos (lugar): é dicir, nowhere na súa primeira tradución inglesa ou non hai tal lugar como un século máis tarde Francisco de Quevedo trasladouno ao español.

Galego

A Arte de falar en Público

En todos os tempos recoñeceuse o valor da palabra e a arte de utilizala correctamente e con eficacia. A oratoria é unha ferramenta moi útil para a sa comunicación e convivencia. Este curso axudarache a expresarche con soltura e seguridade ante o público. Practicaremos diversos estilos de oratoria, modulación da voz, como puír a linguaxe e como expresarse corporalmente.

Presentación gratuíta (30 minutos): venres 22 de xaneiro ás 19:00 horas.

Taller: Xoves 28 e venres 29 de xaneiro de 19:00 a 21:30 h. (5 horas)

Galego

Escola de Maxia

Descobre os segredos da maxia.

Visita esta especial escola, onde os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro, creando experiencias inesquecibles.

 

Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, divididos en dous pases, o primeiro ás 17:45 h. e o segundo as 19:00 h., no salón de actos da biblioteca.

Duración: 60 minutos

Inscrición previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil e no  teléfono 982828329.

Galego

O reto da Xustiza social na era dos datos

Exclusión social, sexismo, racismo? Os prexuízos e a discriminación son un reto ao que os datos tamén se enfrontan. Como o fan?

Comezamos esta nova tempada de webinars ofrecendo contido de valor para que non deixes de aprender e fágalo en todas as áreas e cos mellores expertos e expertas. E para estrear o ano tratamos un tema de tremendo interese: Ética nos datos: unha perspectiva desde a psicoloxía social, xunto a Paula Santamaría, data scientist en Viewnext e psicóloga social. Apúntasche á primeira AI Lead Talk do 2021?

Galego

Iniciación ao Manga

Neste obradoiro achegarémonos ao mundo do manga, coñeceremos as súas orixes así como a súa clasificación por xénero. Analizaremos que elementos compoñen unha páxina de manga e aprenderemos a usalos e deste xeito os “bocadillos” deixarán de ser un petisco para converterse nun elemento máis para construír as nosas propias historias.

IMPARTIDO POR: CARLOTA QUINTANA

Galego

Ikigai

A biblioteca cede o espazo a Talentum Youth, proxecto da Fundación FASE que levará a cabo este taller baseándose no método xaponés do Ikigai (vida con propósito): o Ikigai é o punto onde conflúe o teu talento, a túa paixón , a túa profesión e a túa achega ao mundo; explicarán e reflexionarán sobre o seu Ikigai. A continuación tres novos" talentos": un mago, Quique Pastur, un cantautor e unha deseñadora de moda galega, farán unha demostración do seu talento e logo transmitirán a súa experiencia vital dunha forma próxima e accesible para facilitar o intercambio de coñecementos.

Galego

A voz e o corpo

Obradoiro con ÁNGEL RUÍZ, galardoado co premio a “mellor actor” pola Unión de Actores en dúas ocasións, premio MAX a mellor actor protagonista e premio Teatro Musical a mellor actor protagonista en 2017 por Miguel De Molina al desnudo.

Impartirá un obradoiro do 28 ao 30 de xaneiro en Vigo, onde traballarase a voz e o corpo para manter o instrumento a punto!

Galego

Mitos hoxe. Imaxes publicitarias contra resortes míticos e literarios

Con imaxes publicitarias como arranque da experiencia, os asistentes entrarán no mundo da ilustración usando como ferramentas as "funcións" de V. Propp; eses momentos claves e comúns aos "contos fantásticos" do folclore europeo que tan presentes están en narracións escritas e imaxes estáticas da historia da arte, orais e audiovisuais tamén actualmente.

Obradoiro pensado para maiores de 14 anos desenvolverase o sábado 6 de marzo de 10.30 a 14.00 h.

Galego

Curso de viño: Os grandes clásicos

Son os 4 grandes do viño mundial, non só tendo en conta a súa produción senón tamén por tradición de séculos elaborando viños de alta calidade. Unha viaxe fantástica por algúns das paisaxes máis belas da vella Europa, polos seus sabores e as súas culturas. 

Programa do curso: 

- Día 1: España-Rioxa, Ribeira do Douro, Xerez e Cava. 

- Día 2: Francia-Borgoña, Bordeus e Champagne. 

- Día 3: Italia e Alemaña- Piamonte, Toscana e Mosela. 

*18 viños a catar

Imparte Jorge Vila, Director de Galicia Wine. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro