Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Que contar e como contar

A Narración Oral é un espectáculo escénico no que o narrador e a narradora, a través das súas historias, ofrece un mundo de ficcion aos espectadores. Unha das maiores dificultades de quen se achega á Narración Oral é decidir que contar, como contar e por que contar. Por iso a reflexión e a práctica farannos chegar ás diversas maneiras de converter o desexo de transmitir emocións nun encontro co coñecemento dos recursos da oralidade. Por iso dividimos o taller en dous bloques de interese.

Público destinatario: Adulto (9 prazas)

 

Galego

Xogando coa Historia

Este taller propón descubrir como se xogaba na antiga Roma. Xa na antigüidade, os pais e nais consideraban o xogo como un aspecto vital na formación dos seus fillos e na súa preparación para a vida. Ao longo do taller os participantes aprenderan sobre o esparexemento e lecer en época romana: a que xogaban, como xogaban, que apostaban ou quen apostaba. Os participantes habían aprendido e xogasen a xogos como o muíño romano, os tali, latrunculi, duplum molendinum, ludus duodecim scripta ou tesserae. Cada participante fará unha réplica dun muíño redondo romano.

Galego

O mundo científico con Fatiropina

Dende o ano  2014 vense celebrando o mes de novembro como o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e este ano, entre outras propostas imos unirnos coa organización deste obradoiro onde a rapazada gozará facendo experimentos con Fatiropina.

A actividade está pensada para nenos e nenas de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas e precísase de inscripción previa que se poderá facer dende lo luns anterior á actividade chamando ao teléfono 985788385.

Galego

O mundo científico con Fatiropina

Dende o ano 2014 vense celebrando o mes de novembro como o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e este ano, entre outras propostas, imos unirnos coa organización deste obradoiro onde a rapazada gozará facendo experimentos con Fatiropina.

A actividade está pensada para nenos e nenas de 6 a 12 anos. As prazas son limitadas e precísase de inscripción previa que se poderá facer dende lo luns anterior á actividade chamando ao teléfono 985788385.

Galego

Obradoiro virtual de estilo literario. PRAZAS CUBERTAS!

Obradoiro de estilo literario co escritor Javier Peña, autor da novela Infelices, creador, profesor e coordinador do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura e creador do Taller Casa Blackie de Novela.

A actividade artéllase en tres clases teóricas de dúas horas de duración cada unha os xoves 19 e 26 de novembro e o 3 de decembro das 19 ás 21h. Estas prácticas aportarán as ferramentas precisas para transmitir seguridade á hora de escribir e contribuír a elevar a calidade da nova produción literaria en galego. 

Galego

Precine

Obradoiro creativo 

Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? Acompañádeme e coñeceredes os inicios do cinema!!!

As nenas e nenos de 6 anos en adiante realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos

 

Público destinatario: Infantil, a partir de 6 anos (9 prazas)

Con inscrición previa a partir do 28 de outubro, mércores, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.

Lugar: Espazo actividades da planta baixa

Hora: De 18.00 a 19.30 h.

Galego

Stop Motion Alive

Sabías que é posible voar, simplemente cunha cámara de fotos? que cando comezaron os debuxos animados, para facer un só minuto precisaban de máis de mil debuxos en papel? Un achegamento ao mundo da animación e dos efectos especiais sendo protagonistas en stopmotion!!

Galego

Que contar e como contar

Obradoiro creativo “Que contar e como contar”, a cargo de Ana Carreira

    Sinopse: A Narración Oral é un espectáculo escénico no que o narrador e a narradora, a través das súas historias, ofrece un mundo de ficcion aos espectadores. Unha das maiores dificultades de quen se achega á Narración Oral é decidir que contar, como contar e por que contar. Por iso a reflexión e a práctica farannos chegar aos diversos xeitos de converter o desexo de transmitir emocións nun encontro co coñecemento dos recursos da oralidade. Por iso dividimos o obradoiro en dous bloques de interese.

    Galego

    Páxinas

    Subscribirse a RSS - Obradoiro