Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Eu decido a historia

É necesario apuntarse por teléfono, na propia biblioteca ou a través do formulario da páxina web.

Lugar: Salón de actos

Datas: Martes 10, 17, 24 de novembro

Horario: de 18:45 a 20:15 horas

O presente Obradoiro de narrativa busca aprender a escribir relatos dun xeito critico e ameno, no que se explican as ferramentas precisas para construir un relato.

Galego

Mes da ciencia na Biblioteca- Obradoiro de química

Divertido taller dirixido a nenos e nenas a partir do curso de 3º de Educación de primaria, co obxectivo de espertar a curiosidade e o interese pola química nestas idades.

Nesta actividade todo reacciona, o porexpan desaparece, crecen árbores de cores no leite, unha perigosa especie de serpe nace do lume... e moitas máis cousas sorprendentes que coñeceredes se vos achegades á Biblioteca de Galicia!

Galego

Reiventar o mundo

Trala crise provocada pola pandemia da COVID19 somos plenamente conscientes da necesidade de mudar a nosa maneira de estar no planeta. Coa finalidade de darlle voz aos máis pequenos e pequenas nace este proxecto que empezaremos co conto “O coronaconto” para establecer un diálogo sobre o que foi a pandemia, como o viviron, que sentiron, que cousas fixeron. Falaremos do antes e do despois, como era o mundo antes da pandemia e como está sendo agora, que cousas mudaron, que cousas cambiaron para mellor e que cousas para peor.

Galego

Reinventar o mundo

Trala crise provocada pola pandemia da COVID19 somos plenamente conscientes da necesidade de mudar a nosa maneira de estar no planeta. Coa finalidade de darlle voz aos máis pequenos e pequenas nace este proxecto que empezaremos co conto “O coronaconto” para establecer un diálogo sobre o que foi a pandemia, como o viviron, que sentiron, que cousas fixeron. Falaremos do antes e do despois, como era o mundo antes da pandemia e como está sendo agora, que cousas mudaron, que cousas cambiaron para mellor e que cousas para peor.

Galego

Obradoiro de Iniciación á programación robótica

Obradoiro de Iniciación á programación robótica - Proxecto de reciclaxe con VermisLab no que as nenas e nenos integrarán a robótica no pensamento sustentable.

Os e as participantes no obradoiro programarán robots capaces de facer unha reciclaxe selectiva para axudar a manter limpo o medio ambiente.

Dirixido a nenas e nenos de 8 a 14 anos. O número máximo de participantes é de 12. 

No salón de actos. Entrada libre previa recollida dunha invitación no mostrador de información desde 30 minutos antes do comezo da actividade. 

Galego

Robótica creativa

Obradoiro de Robótica, no que os asistentes descubrirán os principios da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas (STEM) participando nunha experiencia de aprendizaxe verdadeiramente divertida e práctica. Deseñado para incentivar a creatividade e curiosidade dos participantes, proporcionándolles oportunidades para deseñar, construír e probar prototipos e representacións de obxectos, animais e vehículos que teñan un enfoque do mundo real.

Duración: 60 minutos.

De 6 a12 anos (poderán ir acompañados dun adulto).

Dúas sesións:

11.00-12.00 h.

Galego

Que contar e como contar

A Narración Oral é un espectáculo escénico no que o narrador e a narradora, a través das súas historias, ofrece un mundo de ficcion aos espectadores. Unha das maiores dificultades de quen se achega á Narración Oral é decidir que contar, como contar e por que contar. Por iso a reflexión e a práctica farannos chegar ás diversas maneiras de converter o desexo de transmitir emocións nun encontro co coñecemento dos recursos da oralidade. Por iso dividimos o taller en dous bloques de interese.

Público destinatario: Adulto (9 prazas)

 

Galego

Xogando coa Historia

Este taller propón descubrir como se xogaba na antiga Roma. Xa na antigüidade, os pais e nais consideraban o xogo como un aspecto vital na formación dos seus fillos e na súa preparación para a vida. Ao longo do taller os participantes aprenderan sobre o esparexemento e lecer en época romana: a que xogaban, como xogaban, que apostaban ou quen apostaba. Os participantes habían aprendido e xogasen a xogos como o muíño romano, os tali, latrunculi, duplum molendinum, ludus duodecim scripta ou tesserae. Cada participante fará unha réplica dun muíño redondo romano.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro