O máis prestado do 2016
No vestíbulo da biblioteca.

No vestíbulo da biblioteca.
Na sala de préstamo.
Enchemos a Biblioteca con versos de Rosalía, deixámolos nas mesas, nos ordenadores, nos ascensores... para que a súa obra estea entre nós neste aniversario.
Ademais expoñemos un dos seus poemas máis emblemáticos nas fiestras da biblioteca, para que a homenaxe chegue a todas as persoas que pasen pola rúa.
Con motivo do Día da Ilustración a Biblioteca de Galicia dedica esta mostra bibliográfica a Álvaro Cebreiro(1903-1956) cos fondos que se custodian na Biblioteca de Galicia. Este ano a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) en colaboración coa Subdirección Xeral de Bibliotecas quere homenaxear a este debuxante, caricaturista e pintor galego cun vídeo que formará parte da exposición.
Estará ata o 7 de marzo, no columnario central da BdG
Exposición que se encadra dentro das actividades para conmemorar o Día da ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro.
Álbumes con imaxes cheas de maxia que complementan as súas historias , que fan voar a imaxinación, que despertan sorrisos, que nos fan soñar. Na sala de préstamo.
No vestíbulo.
Na entrada da sala infantil.
Na entrada da sala infantil.
Selección de libros e películas: para aprender e gozar dunha disciplina, descuberta ou inventada que, queiramos ou non, forma parte da nosa vida cotiá: o IRPF, a presión arterial, o Euribor, o colesterol...
As matemáticas son unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo.
Acción dentro da programación do Mes da Ciencia.