Luiz Caracol
O cantautor portugués Luiz Caracol actúa na programación de Artellando para as Festas do Apóstolo 2016. O artista é un dos valores emerxentes da música do país veciño como demostra tamén a súa colaboración con Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazãou, Susana Travasso, Uxía ou Tito Paris. Ademais, foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra en Pontevedra.

