Natalia Millán e Zércalo
A televisiva e polifacética artista Natalia Millán pechará o ciclo musical ‘Entre lusco e fusco’ cun concerto, onde, acompañada da banda Zércalo, interpretará un repertorio inspirado na canción francesa.
A actuación de Natalia Millán servirá de peche da programación musical de ‘Entre lusco e fusco’, un ciclo organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo.
A entrada ao concerto, que se trasladará ao Círculo das Artes e Lugo en caso de choiva, é libre e de balde para todo o público interesado.

