Festival TerraCeo: Love of Lesbian
Non haberá concertos en Castrelos, pero os grandes nomes da música nacional si poñerán banda sonora ao verán vigués. O Festival Terraceo anunciou este venres novas confirmacións. Unha das máis importantes será a presenza de Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer, compoñentes de Love of Lesbian que propoñerán aos 400 asistentes un paseo polo repertorio dunha das mellores bandas da música indie nacional.