Proxección de ópera: Norma
Este ano a auténtica raíña do Belcanto, Mariella Devia, estará na Coruña por partida dobre: para ofrecer o seu único recital de 2020 en España (18 de setembro no Teatro Colón) e para impartir o Curso de Interpretación Vocal da Programación Lírica coruñesa.
Con ese motivo, proxectaremos unha das óperas coa súa firma, a Norma de Vincenzo Bellini, nunha interpretación absolutamente referencial da gran diva Devia. Con ela actúa ademais un dos mellores tenores da actualidade, Stefan Pop, e a ascendente mezzo Annalisa Stoppa.

