Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Perfusión

PERFUSIÓN: unha mistura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e a danza africana. Un espectáculo visual e sonoro, no que as vibrantes percusións, as dulces melodías e as fermosas danzas de ambas culturas, son fusionadas de xeito orgánico para facer desfrutar a todo tipo de públicos. Estas 3 mulleres e 4 homes galegos/as demostran, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta potente para promover a solidariedade e a empatía entre os pobos do mundo.

Galego

Festival Revenidas en Conserva

A marca FEST Galicia patrocina o escenario onde se desenvolverán os catro concertos do cartel principal do Festival Revenidas en Conserva 2020. A capacidade estará limitada a un máximo de 500 persoas aplicándose de forma estrita as correspondentes medidas para garantir a seguridade de público, artistas e equipo técnico. Alí actuarán Sés e Zeltia Irevire o venres 11 e Ortiga e Dakidarría en acústico o sábado 12.

Galego

The Swinging Flamingos

O espírito da Nova Orleans dos anos vinte e a vibrante enerxía da era do swing mestúranse con elegancia en The swinging flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas.

Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The swinging flamingos ofrece.

Música para saír á pista de baile, deixarse levar e gozar dun espectáculo cheo de enerxía, swing e bo humor, que non resolverá os teus problemas pero de seguro conseguirá que os esquezas, polo menos por un tempo.

Galego

Javier Alcántara Quinteto

Javier Alcántara presenta un novo disco en forma de suite, que leva por título Ikigai (concepto xaponés que se traduce como razón de ser ou de vivir), o seu terceiro traballo como solista e o último da triloxía que comezou en 2014 con Short Stories e continuou en 2016 con Resilience.

Galego

Pocket Corner

A formación norueguesa Pocket Corner é un dos principais e máis lonxevos proxectos da escena de Jazz Nórdica. Foi creada e dirixida polo trompetista Didrik Ingvaldsen en 1986. Co paso dos anos converteuse nunha verdadeira institución pola que pasaron moitos dos actuais músicos do Avant-Garde noruegués como Paal Nilssen-Love entre outros. Herdeiros do son Free creado por Ornette Coleman, impregnan a súa música de elementos do jazz nórdico e da improvisación máis libre.

Galego

Ataque Escampe

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n’roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.

Galego

Cachas & Cousins +Man de Santo

Cachas & Cousins é unha banda jamaicana de rocksteady, R&B e soul formada en Santiago de Compostela en 2014. No seu repertorio teñen clásicos da música jamaicana dos anos 60, cos que transmiten a súa paixón polo ska e as rocas, imprimindo o maior respecto polas actuacións. polas raíces do estilo e buscando un son coidadoso que se asemelle ao utilizado por grupos da época, cun vivo mequeiro e enérxico que non deixa a ninguén indiferente, adecuado para todos os públicos.

Galego

Versoix

Versoix é unha banda que se inicia a finais do 2012. O nome nace da fría cidade Suíza chamada así, pero adaptándoo á pronuncia castelá que denominaría ao grupo como verso-ix.

A banda é froito das inquietudes musicais duns amigos da infancia que deciden reunirse de cando en vez para compoñer os seus propios versos e pasalos a cancións.

Galego

Pepe Vamonde Grupo

Pepe Vaamonde Grupo é unha banda de música folclórica galega fundada en 2001, como idea orixinal de Pepe Vaamonde e Nacho Tobío. Gaiteiro, flautista e compositor das melodías da banda, compaxina a súa faceta artística en Pepe Vaamonde Grupo coa docencia no Centro de Música Fingoi de Lugo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto