Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Espiño

Alfonso Espiño (Santiago de Compostela, 1976) leva moitos anos sobre os escenarios, defendendo propostas valentes e honestas. A mediados dos anos 90 poñía en marcha Contrastes xunto aos irmáns Gonzalo Sende (guitarra rítmica, piano e voz) e José Antonio Sende (guitarra solista), e Pablo Villaverde (batería). Unha banda de pop clásico e atemporal con gran influencia dos Beatles que mereceu mellor sorte.

Galego

Black Stereo

Grupo de cinco músicos entre os que se atopa o vocalista de Soul Jacket, que versionan as mellores cancións de música negra, aquela que afirman, levan no seu ADN.

Galego

Nicolás Pastoriza

Parte activa da escena viguesa desde finais dos 80, Nicolás Pastoriza formou parte de bandas como A Marabunta xunto a Pablo Novoa ou Ectoplasma xa nos primeiros 2000, traballou como compositor para a TVG e para outros músicos iniciando a súa propia carreira en solitario en 2009 con dous discos: O primeiro (só publicado na internet www.lawebdenicolas.com) un miniLP titulado «Hoxe dispareille ao presidente e outras cancións de amor», onde colabora de novo con antigos compañeiros da Marabunta e onde intervén de modo puntual pero decisivo Iván Ferreir

Galego

Su Garrido

Estudia no Conservatorio Mayeusis, Vigo, (guitarra 1992-2000) Universidade de Santiago de Compostela, (Historia del arte 2000-2003) Universidade de Salamanca, (Musicologia 2003-2007,) Universidade de Granada, (Beca Seneca 2005-2006.) Universidade de Florencia, (Beca Erasmus, 2006-2007).

1999-2003: Membro do grupo folk Lembranzas Galegas dirás por Galicia, España, Inglaterra, Francia e Canada.

Galego

Mounqup

Camille Hédouin (Nantes, 1986) chega a Galicia en 2011 para instalarse na aldea de Pardavedra (A Bola, Ourense) e formar parte do proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Intégrase rapidamente, aprendendo o galego, idioma que utiliza nas súas composicións xunto ao francés e o inglés, e comezando a desenvolver as súas propias composicións partindo de material obsoleto e instrumentos para nenos.

Galego

Rock na Rúa: Tonhito de Poi

Tonhito de Poi e a súa banda pecharán o Rock na Rúa 2020 na Praza Maior.
A derradeira cita do Rock in Río Tea de este ano será o Venres 18 de Setembro e nos deixará o regusto “Poi Floydiano” do noso querido Tonhito e o seu disco “Non hai onde esconderse”. Cancións inspiradas nas súas viaxes amazónicas vistas dende a súa óptica rockeira. Esta mirada rockeira e combativa gaña posicións cando leva o disco ao directo, e libera toda esa “rasa loba” que non ten onde esconder.

Galego

Viva Suecia

A actual crise sanitaria alcanzou a Viva Suecia no medio da presentación de El Milagro, o seu inmenso terceiro disco, o que lles colocou no olimpo da escena do rock independente nacional, unha xira ambiciosa para a que tiñan preparado un humillante show de son e luces. Cunha lexión de fans esgotando as entradas para salas de miles de persoas e o seu nome encabezando os carteis dos principais festivais houbo que facer unha paréntese. Todo isto continuará, pero as ganas de seguir divertíndose seguían aí.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto