Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Milladoiro

Tres andaban percorrendo Galicia polas romarías, as festas, os teatros sempre en contacto cn os vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Vos Campaneiros, vos irmáns Garceiras, vos Areeiras, vos Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Fernando Casal e Ramón García Rei que formaban Faíscas do Xiabre, grupo de música tradicional nacido a beiras do Ulla, en Catoira, quen deixou un fermoso disco que deron en titular In memoriam.

Galego

Fon Román + Amaro Ferreiro + Frans Banfield

Fon Román é un guitarrista e cantante español que iniciou a súa carreira musical coa banda de rock Os Piratas, a cal estaba integrada por Iván Ferreiro, Paco Serén, Pablo Álvarez e Hall 9000. A guitarra de Fon Román determinou o son dos Piratas deixando a súa pegada en discos que exerceron unha gran influencia nos grupos nacionais actuais, tanto do Indie como do mainstream.

Galego

Igloo

A banda nace alá polo 2004 cos ex-Deluxe, Diego Castro (baixo) e Juan Gil López (síntese e programacións), aos que se lles unen Beni Ferreiro (voz e guitarra) de Overlook,  David (batería) e Selín (guitarra). Pronto gravan a súa primeira maqueta nos estudos Cryolab de Caldas de Reis, catro temas: Silvia Saint, ?O día que quedei só, Pragma e Nanook, gardados nun coidado sobre semitransparente que asinan como Iglú. Para evitar coincidencias con outras bandas rapidamente cámbianse o nome polo actual.

Galego

A Roda en concerto

Unha proposta innovadora en formato acústico e minimalista que recorre o repertorio tradicional de A Roda, ao tempo que achega as novidades que musicais do grupo no 2021.

Este é un espectáculo de A Roda en solitario para presentar o novo disco "Camiño da Igualdade"

 

Galego

Feito a man: Sr. Salvaje + Samesugas & Willy Succo Brother

Sr. SALVAXE

Sr. Salvaxe é a electricidade e a espontaneidade das bandas de Hard Rock dos 70s e 80s pero actualizada, con certos escarceos coa Psicodelia e o Blues

Sumándose á Old New Wave que cada vez gaña máis forza nos últimos anos; utilizan encima do escenario a formación clásica de power trío, cada vez menos común e inspirándose en bandas míticas como Free, Cream, Hendrix, Led Zeppelin, Mötorhead, Madeiro Pretenden conectar co rapaz que cada un levamos dentro para facer unha festa de Rock N´Roll en cada actuación.

Galego

Adrián Timms

Concerto do primeiro proxecto en solitario de Adrian Timms. Música británico, fincado en Vigo que virá acompañado por un violín (Harry Price) para presentar en directo parte das cancións que conforman o seu primeiro disco, que vén con máis forza que nunca, ademais de interpretar algunhas que outras covers tamén.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto