Chiki Lora en concerto
Chiki Lora, antiguo compositor, guitarrista e cantante da agrupación Canteca de Macao. Ahora, en solitario presenta o seu segundo disco Ura

Chiki Lora, antiguo compositor, guitarrista e cantante da agrupación Canteca de Macao. Ahora, en solitario presenta o seu segundo disco Ura
Maryland son unha formación viguesa que en 2009 dan a sorpresa coándose na final do concurso Grupo Revelación Nacional organizado polo Festival Contempopránea.
O seu nome dio todo. Se os irmáns Álvaro e Suso Costas decidiron chamar MITIC á súa banda, composta por outros 13 músicos, é porque se dedican a reinterpretar temas míticos do rock. A diferenza con outros grupos de versións é que en MITIC a gaita leva a voz cantante e é o centro do seu espectáculo.
Baiuca é un proxecto moi persoal que tenta achegar a tradición galega á vangarda, á electrónica. Instrumentos como cunchas, frautas, gaitas ou voces tradicionais; asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.
Detrás do proxecto atopámonos a Alejandro Guillán, Alex Casanova, quen xa sorprendera cun synth pop realmente brillante, conxugando hedonismo 80s e pop electrónico con espírito clásico e sintético. Todo iso quedou reflectido en ?Antagonasia? (Crispis, 2014).
Amaral é un grupo musical español de pop rock ? e rock orixinario de Zaragoza formado por Eva Amaral e Juan Aguirre. A súa discografía componse de oito álbums de estudo, unha edición especial e dous DVD en directo, desde 1998 ata a actualidade.
M Clan nace en 1993 cando tras coñecerse, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, quen tocaba en varias bandas da escena murciana, deciden crear o seu propio grupo. Así se forma o quinteto murciano que completan Pascual Saura ao baixo, Juan Antonio Otero á batería, Iñigo Uribe aos teclados, Ricarco Ruipérez á guitarra e Carlos Tarque á voz. M Clan aposta desde o principio polo rock sureño e por sons cunha clara influencia de nomes como The Black Crowes ou Led Zeppelin, referentes do southern rock dos anos 70 cuxa máxima efervescencia exprésase no directo.
Alguén lle deu a Rizo unha lanterna para alumar un punto cego entre a música de verbena, a cumbiatune, o metalcore, o autotune diabólico, a salsa e a música latina de baile, o son MIDI, a música que soa en mercadillos e postos de gofres e a capacidade innata por crear melodías que o mesmo valen para menear o bullarengue que para facer pogo violento.
Maialen Gurbindo, máis coñecida como Moza Sobresalto, leva compoñendo cancións como método de introspección desde os 14 anos; sempre tocou soa, buscando a nudez máis absoluta.
Todo cambiou para ela cando chegaron á súa vida Ander Arlegi, Ibai Sanz, Gorka Cía e Aritz Legarrea, os actuais membros da súa banda. En outubro de 2017 a artista presenta o seu primeiro traballo, Sobresalto, e un mes despois saltou a primeira liña informativa tras impoñerse nos Encontros de Arte Nova de Navarra organizados polo Instituto de Deporte e Mocidade.
Concerto do grupo formado por Mikel Izal, Alberto Pérez, Alejandro Jordá, Emanuel Pérez e Iván Mella.
Holywater é unha banda que se foi abrindo camiño aos poucos na escena independente a base de repartir emoción, épica e enerxía, executando un rock pouco convencional que nos lembra a formacións como At The Drive-In ou Afghan Wigs e en certos momentos aos primeiros Pearl Jam -épica- e Radiohead -nesa maneira tan especial de profundar nos sentimentos-. Remisos aos encasillamientos e ás etiquetas, defínense como ?un grupo que xogamos moito coa dinámica para provocar tensión?.