Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os Xesteira

Anxo e Roi levan escoitando foliadas desde que estaban no ventre da súa nai Esther. Con tres anos colocábanse as bufandas a modo de faixas xogando a ser Treixadura e aos 6 e 7 xa daban alboradas co seu propio grupo, Vos Xeitosiños. Aos seus 17 e 16 anos, estes irmáns cambadeses tocan o que lles poñan por diante, e seguen aprendendo. O maior está centrado no acordeón e Roi, no bombardino, pero saben sacarlles melodías tamén ao piano, á gaita, á percusión tradicional e clásica, á guitarra, ao oboe, ao xilófono, á marimba, á trompeta, ao clarinete, ao saxofón...

Galego

Talabarte

Neste proxecto únense tres indispensables da escena musical galega: o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Os seus nomes están intimamente ligados con grandes proxectos da música galega como Berrogüetto ou Marful, e tamén con prestixiosos músicos de Jazz como Jorge Pardo, Walter White e Steve Brown.

Galego

Brocken Peach

Podería dicirse que somos unha banda, podería dicirse que somos un coro, ou podería dicirse que somos un espectáculo para nenos e adultos e a verdade, podería dicirse que somos un pouco de todo. Creamos unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretamos. A nosa formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.

Unha das nosas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.

Galego

Agoraphobia + Eme Dj

Agoraphobia é unha banda de rock alternativo de Boiro, A Coruña, formada en 2013. Os seus compoñentes son Sabela (guitarrista), Lucía (baixista), Paula (batería) e Susana (vocalista) que se coñeceron na escena musical galega e xuntáronse para facer música. O seu segundo disco Unaligned (2019) foi considerado mellor disco do ano polos principais medios especializados nacionais.

Galego

Odaiko Familiar

​​Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xog​ar co efecto sorpresa son a​s claves deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico ​e familiar ​que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que ​a senda ​da creación continúe ​a medrar.  

Galego

Carta de Ajuste

Carta de Ajuste nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

Os seus insensatos compoñentes, influenciados por agrupacións musicais de corte cómico como Les Luthiers, Académica Palanca ou Los Gandules entre outros, pouco a pouco imprimirán no seu espectáculo un carácter máis teatral, humorístico e desenfadado que os levará a adaptar no seu repertorio todo tipo de xéneros musicais, dende a rumba ou a música disco ata o funk, a música tradicional ou a lambada.

Galego

Folk no Alobre- Susana Seivane

Nada en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo "enxebre" de vellos gaiteiros.

Galego

Folk no Alobre- Roteiro

Comeza en Vilagarcía a ritmo de folk e con ambiente de romaría da man do festival de folk no Alobre, organizado polo colectivo Pésdebarro e o Concello. Trátase da romaría urbana que se fará no parque Enrique Valdés Bermejo e que inclúe unha visita guiada ao Castro de Alobre, así como taller de baile tradicional, xogos populares, música e danza. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto